Museo do Castro de Viladonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 43°09′37.63″N 07°23′13.52″O / 43.1604528, -7.3870889

Brocados atopados nas escavacións.

O Museo do Castro de Viladonga é un museo situado ao carón do Castro de Viladonga, na parroquia do mesmo nome, pertencente ao concello de Castro de Rei, foi concibido para gardar, investigar e expoñer tódolos materiais procedentes das escavacións do castro realizadas a partir do ano 1971.

Sitúase nun socalco exterior entre as dúas últimas murallas do lado leste do castro.

Historia[editar | editar a fonte]

Comezouse a construír no ano 1975 a instancias do arqueólogo Manuel Chamoso Lamas e o apoio do daquela Subdirector General de Bellas Artes, Ramón Falcón Rodríguez, natural do concello. Seguindo o deseño do coruñés Carlos Fernández-Gago e cos fondos do Ministerio de Educación e Ciencia e a Fundación Pedro Barrié de la Maza remataron as obras no ano 1977.

O 10 de maio de 1983, co informe favorable da Xunta Superior de Museos creouse por orde ministerial o Museo Monográfico do castro de Viladonga como dependente do Patronato Nacional de Museos. Tras o acondicionamento do edificio o museo foi inaugurado oficialmente o 29 de novembro de 1986.

No ano 1989 a xestión do museo pasou á Consellería de cultura da Xunta de Galicia. Neses tempos formulouse a necesidade de acometer unha ampliación e reforma do edificio. O arquitecto do novo proxecto foi José Luis Arias Jordán, desenvolvéndose as obras entre o ano 1991 ao ano 1994.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]