Conversa usuario:Aiamar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Aiamar!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 16 de agosto de 2017 ás 18:09 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, Aiamar. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Chairego apc (conversa) 16 de agosto de 2017 ás 18:11 (UTC)[responder]

Boas chairego, grazas pola información, estame a costar un pouco, gustaríame facer unha entrada sobre. Revolta de marzo de 1918 , de sedes ou das pedradas (tamén coñecida) mais aínda ando moi peixe
Aiamar (conversa) 31 de agosto de 2017 ás 10:20 (UTC)[responder]

Referencias en "Castro de Rei"[editar a fonte]

Ola, Aiamar. O artigo "Castro de Rei" no que colaboraches non ten fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 17 de agosto de 2017 ás 09:43 (UTC)[responder]

Olaia Ledo Díaz‎[editar a fonte]

Boas Aiamar, tiven que desfacer a túa edición no artigo Olaia Ledo Díaz‎ xa que a referencia da web do BNG, que é no que se deben basear as achegas (Wikipedia:Verificabilidade), indica que o lugar de nacemento é Narón. Se é un erro, o que hai que facer é poñerse en contacto co BNG para que amañen a súa páxina e cando isto estea solucionado, amañar o artigo na Galipedia. Todo isto pode ser un lío, pero é que esta é a única forma que hai de asegurar que a información é correcta, reflectir o que se indica en fontes de relevancia. Se precisas axuda con algún detalle da wiki podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de agosto de 2017 ás 10:07 (UTC)[responder]

Boas Aiamar, perdoa por tardar en responder ó teu comentario pero estes días non estiven conectado. Acabo de consultar a páxina de Facebook de Olaia, se é que é esta, e non atopo en ningures o dato do seu lugar de nacemento. Se ti viches o dato aí, podes dicirme como o podo atopar eu? É que se non se pode verificar, deberemos seguir engadindo o marcador de "cómpre referencia" no artigo ata que haxa unha fonte fiable na que contrastar o dato.
O que si atoparon foi que a referencia que engadira eu da páxina do BNG non indica o lugar de nacemento, só a data de nacemento, polo tanto modifiquei o artigo para que mostre como lugar de nacemento Corcubión, pero co marcador de "cómpre referencia" ata que se poida engadir unha fonte para ese dato. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de agosto de 2017 ás 16:15 (UTC)[responder]

Boas, se entras desde o móbil é máis complicado sobre todo se tes o phone para atopar rápido pero no Facebook desde o ordenador daslle a "máis información" e aparece. De todas maneiras xa incluí-me a referencia de onde traballo para que arranxedes o artigo. Pareceume todo un lío, eu que sigo a galipedia non tiña nen idea de que estaba nela pero cando mo dixeron é que estaba errónea (comprenderás que ser da costa da morte en orixe non é o mesmo que ser de ferrol terra 😉) dixen "pois vou facerme para tamén engadir artigos" e vexo que mudei por exemplo o de Pablo villamar cunha fonte da voz de Galicia (cunha nota de prensa que eu mesmo fixen) e dase por boa mais no meu caso hai que buscar referencias únicamente que estean nas redes... co certo que moitas veces son irreais. É que xa me apetece incluso non estar porque quen son eu que ás veces non me coñecen nen para comer na casa e con todos os debates que se deron. Flipo que se inclúa o meu nome completo cando case ninguén o coñece e agora apetecíame facer un artigo sobre a revolta de sedes de 1918 que houbo na comarca na que vivo agora mais ando peixe e non sei se xa estou con menos ganas Aiamar (conversa) 31 de agosto de 2017 ás 10:29 (UTC)[responder]

Non accedín ó Facebook dende o móbil, accedín dende o meu ordenador, de tódolos xeitos agora xa está amañado, moitas grazas pola túa axuda para amañar o erro e facer que a Galipedia sexa un pouco mellor. Sinto os problemas que puideras ter e comprendo perfectamente que quixeras que estivese ben.
Outros detalles sobre o teu artigo, cambiei a foto recortando a que estaba, se non che gusta poñemos a anterior e listo, e uxen un cómpre referencia á frase " milita desde nova" xa que a páxina do BNG non indica, ou eu non o vin, dende cando se milita no partido. Por outra banda esa frase é bastante vaga e estaría mellor se se indicara o ano concreto, coa súa referencia asociada, claro. E como che comentou Piquito, non debes editar o teu artigo, o que debes facer é poñer un aviso na páxina de conversa do artigo indicando o que hai que amañar/engadir/etc., achegando as referencias desa información e logo outro usuario, despois de revisar os datos, modificará o texto.
Outro tema que tes que ter en conta sobre o teu artigo é que os artigos sobre persoas vivas temos que tratalos con especial coidado xa que poden afectar directamente ás persoas, por iso trátase de facelos os máis neutrais posibles e engadindo só información que estea debidamente referenciada.
Sobre o tema das referencias, teño que comentarche que non é preciso que estean nas redes, poden engadirse referencias de libros, xornais, audiovisuais, enciclopedias, mapas, etc, sempre e cando sexan publicacións con fiabilidade (non se pode poñer como referencia un vídeo de Youtube dun tipiño dicindo que Colón era de Marte :)
Se queres colaborar, tódalas mans son benvidas, polo que anímote a que comeces ese artigo e se precisas axuda con algo sempre podes deixarme un comentario na miña páxina de conversa.
Por certo, un "truco" para ese futuro artigo :), se vas a traballar nel durante un par de días, e non queres que che "fuchiquen" nel, pon ó comezo do mesmo {{En uso}}, con iso aparecerá un aviso ó comezo do artigo que informará ó resto de usuarios que estás a traballar nel e que non deben modificar o artigo ata que remates ti. Outra alternativa sería que o crearas como subpáxina do teu usuario, desa forma ninguén podería modificalo agás ti. Logo, cando remataras de engadir os contidos, tan só terías que movelo ó espazo do resto dos artigos, esta penso que é a mellor forma. Para facer unha subpáxina só tes que acceder, por exemplo a Usuario:Aiamar/Proba, darlle a crear, mete contido e darlle a gardar/publicar. Desa forma podes facer tódalas subpáxinas que precises para os teus artigos, e cando os teñas rematados só tes que movelas co resto de artigos (cousa moi doada que che explico, se o precisas, en dúas liñas). Incluso dígoche máis, se despois de rematar un artigo queres que alguén o revise podes avisar na taberna para pedir axuda ou, se queres directamente a min na miña páxina de conversa, e eu encantado de botarlle un ollo :)
Ah, e perdoa se estes días non respondo a tempo, é que estou de vacacións e non teño unha conexión "estable". Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de setembro de 2017 ás 01:05 (UTC)[responder]

Referencias en "Monte Medulio"[editar a fonte]

Ola, Aiamar. O artigo "Monte Medulio" no que colaboraches non ten fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 17 de agosto de 2017 ás 10:13 (UTC)[responder]

edicións[editar a fonte]

Ola, Olaia. Púxenme en contacto contigo a través do Facebook para che comentar unhas cousas da edición na Wiki. Se podes, bótalle un ollo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de agosto de 2017 ás 19:19 (UTC)[responder]

Boas estevo, aínda non mirei máis grazas que aínda estou peixe Aiamar (conversa) 31 de agosto de 2017 ás 10:30 (UTC)[responder]

Posible conflito de intereses[editar a fonte]

Ola Aiamar. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo. Banjo tell me 31 de agosto de 2017 ás 10:28 (UTC)[responder]

Non entendo Aiamar (conversa) 31 de agosto de 2017 ás 10:32 (UTC)[responder]

Vexo que puxen mal as referencias mais agora estou no traballo e non podo modificar. Ains, por unha tontería a que se está a liar... non sei se paga a pena xa. Á noite corríxoo ou podes axudarme coas referencias que puxen? Grazas Aiamar (conversa) 31 de agosto de 2017 ás 10:47 (UTC)[responder]

Ola Aiamar! O que quere dicir a mensaxe que che deixaron enriba é que non debes editar un artigo se este está relacionado contigo mesma ou con persoas coas que teñas un vínculo forte, deste xeito preténdese evitar a parcialidade. En xeral recoméndoche que non edites sobre ti mesma, persoas coas que teñas amizade ou das que sexas familiar, ou sobre o lugar no que traballas ou asociacións nas que participes, e de facelo debes engadir referencias e empregar unha linguaxe neutral. Máis nada, se tes algunha cuestión podes contactar comigo na miña páxina de conversa, premendo aquí. Un saúdo, Piquito (conversa) 31 de agosto de 2017 ás 12:34 (UTC)[responder]
Unha cousa máis. Entendo que a maioría de persoas (entre as que me inclúo) non teñen tempo para ler as políticas, aínda así se podes le algunha, están todas aquí, son unha chea delas, se non podes lelas xa irás aprendéndoas pouco a pouco coa experiencia se segues no proxecto. Un saúdo, Piquito (conversa) 31 de agosto de 2017 ás 12:42 (UTC)[responder]