Praza do Obradoiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Importancia social: Arranxos varios using AWB
Liña 76: Liña 76:

== Importancia social ==
== Importancia social ==
É o punto de encontro dos [[peregrino]]s que fan o [[camiño de Santiago]]. Na praza celébranse a queima da fachada nas [[Festas do Apóstolo]] a noite do [[24 de xullo]]. Celebráronse aquí tamén diferentes actos relixiosos, como as misas das visitas dos diferentes [[Papa]]s.

Así mesmo, é lugar habitual de manifestacións e reivindicacións cidadás como as acontecidas en 2009 [[Manifestación polo galego en maio de 2009|a prol da lingua galega]].
Así mesmo, é lugar habitual de manifestacións e reivindicacións cidadás como as acontecidas en 2009 [[Manifestación polo galego en maio de 2009|a prol da lingua galega]].

Despois do [[accidente ferroviario de Angrois]] en 2013, turistas, cidadáns e peregrinos manifestaron a súa solidariedade con diferentes mostras reivindicativas na praza, como colocando flores e notas no enreixado da escalinata de entrada á catedral<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/07/27/pueblo-merecia-/0003_201307D27P60991.htm?idioma=galego "Accidente en Santiago: «Este pobo non merecía isto»"] [[La Voz de Galicia]].</ref>.

Revisión como estaba o 18 de abril de 2016 ás 21:55

Coordenadas: 42°52′50″N 8°32′45″O / 42.88056, -8.54583

Praza do Obradoiro
O Hospital Real, na parte norte
Tipoloxíapraza
Ruta europeaCamiño de Santiago
Dimensións
Lonxitude65 m
Largura100 m
Áreamáis de 6 mil m2
A praza coa fachada da catedral.

A praza do Obradoiro é a praza máis senlleira de Santiago de Compostela. Está arrodeada polo Hospital Real, hoxe parador (hostal dos Reis Católicos) ao norte, o colexio de San Xerome ao sur (hoxe reitoría da Universidade), o Pazo de Xelmírez e a Catedral de Santiago de Compostela (coa fachada do Obradoiro e o museo da catedral) ao leste, e o pazo de Raxoi ao oeste (sede do Concello de Santiago de Compostela). Quedan así representados na praza os principais polos da vida da capital galega: a relixión, a educación universitaria, a atención ao peregrino e ao viaxeiro, e a administración.

A Praza do Obradoiro vista dende a varanda suroeste da Catedral; ao fondo, á dereita: o Hospital dos Reis Católicos; á esquerda: o Pazo de Raxoi; en primeiro plano, á esquerda: parte do tellado do colexio de San Xerome; á dereita vese as escalinatas que dá acceso á catedral.

A praza áchase no centro monumental da vila. O seu nome semella derivar dos obradoiros dos canteiros que traballaron na construción da fachada barroca da catedral , que domina a praza. Pode que incluso que o nome veña da construción da antiga fachada románica. Cómpre salientar a riqueza de estilos arquitectónicos nunha soa praza, xurdidos de máis de 700 anos de construción[1].

Importancia social

É o punto de encontro dos peregrinos que fan o camiño de Santiago. Na praza celébranse a queima da fachada nas Festas do Apóstolo a noite do 24 de xullo. Celebráronse aquí tamén diferentes actos relixiosos, como as misas das visitas dos diferentes Papas.

Así mesmo, é lugar habitual de manifestacións e reivindicacións cidadás como as acontecidas en 2009 a prol da lingua galega.

Despois do accidente ferroviario de Angrois en 2013, turistas, cidadáns e peregrinos manifestaron a súa solidariedade con diferentes mostras reivindicativas na praza, como colocando flores e notas no enreixado da escalinata de entrada á catedral[2].

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos