Miranda, Castroverde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miranda
Mirandaigrexa2.jpg
Igrexa de Santiago de Miranda
Concello Castroverde
Poboación 54 hab. (2013)
Entidades de poboación 1

Santiago de Miranda é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 68 habitantes (36 mulleres e 32 homes), distribuídos nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 74 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Tres brazos do río Tordea (zonas de Paraxe-Agueiras, Revouta-Lalín-Porto e o do Arroxo).

Malia contar cunha soa entidade de poboación, existen 16 barrios: Airexe, Cima de Vila, Corral, Pousada, Lalín, Arroxo, Porto, Agueiras, Agro, Tras da Queimada, Rixuana, Paraxe, Castro, Val, Revouta e Serra.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Existen restos dun poboado castrexo (tapado). A igrexa parroquial de Santiago é posibelmente de orixe románica, coa famosa Virxe das Dolores. O pazo de Soutomoumille foi construído en 1920. A zona de Revouta, Lalín e o Arroxo (con dous muíños de auga comunicados por un acueduto de pedra que cruza o río), posíbel zona de minas romanas nas zonas do río que ven de Agustín (hoxe xa tapadas), camiño romano das Agueiras que vai a Tordea. O antigo colexio deixou de funcionar como tal na transición, e agora fai as funcións de casa da cultura.

Antigamente celebrábase unha feira en Miranda.

Persoeiros de Miranda[editar | editar a fonte]

Enriqueta Otero diante da Porta de Alcalá en 1962
  • Enriqueta Otero. Mestra de escola, unha das primeiras na linguaxe dos signos, alumna devota da Pasionaria, loitou contra Franco e foi tiroteada e presa, despois da ditadura foi pioneira da cultura en xeral e da galega en especial con asociacións culturais como O Cabazo, con sede fronte ao parque en Lugo...
  • Servando Casal. Crego nado en Miranda que andou de misioneiro en Bolivia, tamén cos emigrantes en Suíza e logo foi cura da parroquia de Montecubeiro.

Festas[editar | editar a fonte]

As festas de Miranda celébranse na honra da Virxe das Dores, coincidindo coa fin de semana posterior ó 20 de setembro.

Celébrase unha romaría na ermida de Outeiro de Vellas polo Santo Sartego.

Miranda na cultura popular[editar | editar a fonte]

Refrán[editar | editar a fonte]

"Se vas a Miranda leva o pan na manga e un cuchilo pra cortalo"

Cantiga[editar | editar a fonte]

"Se che preguntan quen canta quen carallo vai cantar somosché os de Miranda que che vimos do San Blas"

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Escolma histórica[editar | editar a fonte]

Malla na casa de López
Malla na cortiña da cancela
Equipo de fútbol de Miranda en 1951, nun partido que se celebrou na Zarra de Cordeiro contra Sobrado do Picato
|

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Miranda[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Miranda no concello de Castroverde (Lugo)

Miranda

Parroquias de Castroverde[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Castroverde

Agustín (Santa María) | Arcos (San Paio) | Barredo (San Xoán) | Barredo (Santo André) | Barreiros (San Cosme) | Bolaño (Santa Baia) | Cellán de Calvos (San Salvador) | Cellán de Mosteiro (San Pedro) | Covelas (San Miguel) | Espasande (Santiago) | A Frairía (Santa María) | Furís (Santo Estevo) | Goi (Santa María Madanela) | Masoucos (Santiago) | A Meda (Santiago) | Miranda (Santiago) | Mirandela (Santo André) | Monte (Santa María) | Montecubeiro (San Cibrao) | Moreira (Santa María) | Paderne (Santo Estevo) | Páramo (San Miguel) | Pena (Santa María Madanela) | Pereiramá (San Xulián) | A Pumarega (Santa Mariña) | Rebordaos (San Xurxo) | Recesende (San Cibrao) | Riomol (San Pedro) | San Miguel do Camiño (San Miguel) | Serés (San Pedro) | Souto de Torres (San Tomé) | Soutomerille (San Salvador) | Tórdea (San Tomé) | Uriz (Santa María) | Vilabade (Santa María) | Vilalle (San Pedro) | Vilariño (Santiago)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]