Xerardo de Cremona
Xerardo de Cremona | |
---|---|
Nacemento | 1114 |
Lugar de nacemento | Cremona |
Falecemento | 1187 |
Lugar de falecemento | Toledo |
Ocupación | lingüista, astrónomo, tradutor, escritor e astrólogo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xerardo de Cremona (en latín, Gherardo Cremonensis, en italiano Gerardo da Cremona), nado en Cremona, Italia ca. 1114 e finado posibelmente en Toledo en 1187, foi un dos tradutores máis prolíficos da Idade Media, con case cerca de 70 obras traducidas do árabe ao grego e ao latín.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pouco se coñece dos detalles da vida de Xerardo, só se pode deducir algo dos traballos que realizou dos lugares nos que estivo. Pouco antes do seu nacemento, a cidade de Toledo foi tomada en 1085 aos musulmáns polo rei Afonso VI de Castela e pronto se convertería na capital de Castela.
Tras a conquista da cidade, créase unha comunidade que se encarga de realizar traducións do árabe ao latín, comunidade que se coñece como Escola de tradutores de Toledo.
Baixo o patrocinio de Raimundo de Toledo estivo Xerardo traballando en labores de tradución xunto a Juan de Sevilla. Aínda que é incerta a data exacta da chegada de Xerardo a esta cidade, é moi probábel que fora antes de 1144 cando o tradutor tiña a idade de 30 anos.
A escola de Toledo, ao igual que o resto doutras que puideron existir, consistía nun conxunto de asesores en lingüística, tradución de idiomas e buscadores de manuscritos árabes.
Xerardo de Cremona é famoso tamén por unha tradución errónea: traduciu "números irracionais" en vez de "inconmesurábeis", erro que se difundiu na Idade Media até os nosos días e, por iso, chámase así ao conxunto dos números irracionais.