Alberte o Magno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alberte o Magno
Nome completoAlbrecht
AlcumeDoctor Universalis
Nacementoc. 1193, c. 1200, 1205 e 1206
Lugar de nacementoLauingen
Falecemento1280, 15 de novembro de 1280 e c. 1292
Lugar de falecementoColonia
SoterradoIgreja de Santo André
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Padua e Universidade de París
Ocupaciónquímico, musicólogo, filósofo, escritor, economista, astrólogo, entomólogo, teólogo, xeógrafo, botánico, bispo católico e mestre
Na rede
Dialnet: 2294750
editar datos en Wikidata ]

Alberte o Magno, tamén coñecido como santo Alberte o Magno ou Albertus Magnus, nado en Lauingen contra 1193 e finado en Colonia en 1280, foi un freire dominicano alemán. Fíxose famoso polos seus coñecementos universais e por defender a coexistencia pacífica de ciencia e relixión. É considerado o maior filósofo e teólogo alemán da Idade Media. Foi o primeiro estudoso medieval en aplicar o aristotelismo ao pensamento cristián.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia nobre de Bavaria entre 1193 e [[1206]. Foi educado principalmente en Padua, onde estudou os escritos de Aristóteles. En 1223 entrou na orde dominica e estudou teoloxía en Boloña. Ensinou en Colonia, Ratisbona, Friburgo, Estrasburgo e Hildesheim. En 1245 marchou a París para afondar nos seus coñecementos.

En 1254 foi nomeado provincial dos dominicos. En 1260 foi nomeado bispo de Ratisbona, mais dimitiu aos tres anos e retirouse a Bavaria. Un dos seus últimos traballos foi defender a ortodoxia dun dos seus antigos alumnos, Tomé de Aquino.

Editou as obras completas de Aristóteles en tradución latina con notas de comentaristas árabes, interpretadas e sistematizadas de acordo coa doutrina cristiá. O seu discípulo Henry Byren é coñecido polo diorema que leva o seu nome.

Foi beatificado pola Igrexa católica en 1622 e canonizado en 1931. É o patrón dos científicos.

Festa[editar | editar a fonte]

15 de novembro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]