William Harvey
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de abril de 1578 Folkestone (Reino de Inglaterra) |
| Morte | 3 de xuño de 1657 Roehampton (Reino de Inglaterra) |
| Relixión | Anglicanismo |
| Educación | Universidade de Padua - doutor en medicina (1599–1602) Gonville and Caius College - grao en Artes (1593–1597) The King's School Canterbury (en) Barts and The London School of Medicine and Dentistry |
| Director de tese | Girolamo Fabrizi d'Acquapendente |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Medicina, fisioloxía e Embrioloxía |
| Ocupación | biólogo, anatomista, médico, fisiólogo |
| Empregador | Universidade de Oxford |
| Profesores | Cesare Cremonini e Girolamo Fabrizi d'Acquapendente |
| Alumnos | Francis Glisson (pt) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Elizabeth Browne |
| Pais | Thomas Harvey |
| Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гарвей Уильям) Dictionary of National Biography |
William Harvey, nado en Folkestone o 1 de abril de 1578 e finado en Londres o 3 de xuño de 1657, foi un médico británico que describiu por primeira vez correctamente os detalles do sistema circulatorio do sangue ao ser bombeado por todo o corpo pola acción do corazón.
Estudou medicina na Universidade de Cambridge, onde, en 1602, se doutorou. Estudou entre 1597 e 1601 en Pádua con Fabricius). Exerceu clínica en Londres e foi médico do Hospital de San Bartolomeo, sendo, en 1609, nomeado profesor de anatomía e cirurxía no Colexio Real.

Os seus estudos inspiraron as ideas de René Descartes, que na súa "Descrición do Corpo Humano" dixo que as arterias e as veas eran canos que cargaban nutrientes polo corpo. Moitos cren que el descubriu e expandiu as técnicas de medicina musulmá, particularmente o traballo de Ibn Nafis, que lanzou os primeiros estudos sobre a maioría das veas e arterias no século XIII. A pesar da discusión que o seu descubrimento desencadeou, as súas ideas acabaron por ser aceptadas aínda durante a súa vida. Na época na que a discusión decorría, os seus defensores foran chamados polos opositores como «circulatores».
Son tamén notables os seus estudos sobre a xeración. Realizando traballos probados, emprega os animais do parque do rei, concluíndo que todo ser vivo provén dun ovo. Deixou todos os seus cargos en 1646, retirándose para o campo, rexeitando a presidencia do Colexio dos Médicos para que fose elixido en 1654.