Saltar ao contido

Misticismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Misticismo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
 Aspecto de
 Parcialmente coincidente con
Implicados
 Practicado por
Códigos e identificadores
Freebase/m/0972s Editar o valor en Wikidata
MeSHD009228 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC169081014 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX525400
Wikidata C:Commons

O misticismo é un estado de unión inefable co sagrado ou a divindade que adoita traducirse nunha experiencia de éxtase.[1] Adquire diversas significacións consonte a filosofía ou a relixión de quen o experimenta. Denomínase así tamén a doutrina ou conxunto de doutrinas que estudan e promoven a experiencia mística.

Tipos e características

[editar | editar a fonte]

No budismo a experiencia mística pódese identificar co nirvana no que o ego se disolve no nada tras acadar a iluminación mediante unha esforzada disciplina física e espiritual. Isto ten precedentes que perduran no hinduísmo onde a personalidade se esvae no gran océano divino fundíndose o atman co Brahma.

No xudaísmo a principal corrente mística denomínase Cábala.[2] O fillo de Isaac, Xacob cambiou o seu nome polo de Israel (forte con Deus, e o que loita contra Deus) tras unha experiencia mística de loita coa divindade. Aquí a experiencia non supón a dilución da personalidade senón a súa purificación e reafirmación individual e colectiva. A experiencia de Moisés coa silveira ardente tradúcese nun mandato de liberación da escravitude de Exipto. O canto erótico do Cantar dos Cantares, sen perder o seu contido de sexualidade carnal, ten unha lectura mística que completa o seu sentido onde Deus é o amado e Israel a amada. Este cántico será a referencia simbólica e literaria do misticismo cristián.

Filósofos neoplatónicos como Plotino describen unha experiencia de fusión co Un que pode ser cualificada de mística.

No cristianismo, a experiencia non é de fusión nin de esvaemento senón de comuñón. Nas Igrexas Siríacas Católica e Ortodoxa seguen moi vivas a nivel litúrxico as experiencias místicas que se trasladaron aos cantos de Efrén o Sirio. Na Igrexa Ortodoxa Copta a vida ascética de Antón Abade segue a ser exemplo a imitar. Na Igrexa Apostólica Armenia os poemas místicos de Narek son un dos cumes literarios da lingua armenia. Na Igrexa Ortodoxa a espiritualidade pneumatolóxica recolle a tradición de Pais da Igrexa como Gregorio de Nisa e pervive a través do pensamento de Gregorio Palamas e as súas vivencias sobre as energeias divinas propias do hesicasmo.

Na Igrexa Católica teñen particular importancia os escritos e predicacións de Bernaldo de Claraval e Hildegarda de Bingen na Idade media, así como o misticismo do século de ouro español con Tareixa de Xesús e Xoán da Cruz.

No Islamismo unha corrente mística por antonomasia é o sufismo.[3]

  1. "misticismo". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2025-09-17.
  2. Freeman, Por Tzvi. "O Que É Cabalá? - A Alma do Judaísmo". pt.chabad.org (en portugués). Consultado o 2025-09-17.
  3. "SUFISMO. O lado místico do Islã". Fé Curiosa (en portugués). 2025-02-01. Consultado o 2025-09-17.