Saltar ao contido

Universidade de Montpellier

 Universidade de Montpellier
Imaxe
 Nome oficial
Université de Montpellier (fr) Editar o valor en Wikidata
 Cargo dirixente
Características
 Forma xurídica
 Industria
 Outorga
Implicados
 Presidente/a
Philippe Augé xaneiro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1220
1 de xaneiro de 2015
1289
2022 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Cifras e dimensións
 Estudantes
 46578 (2021) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF6920163939427101160006 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000495207716 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexP4310311164 e I19894307 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: univmontpellier Twitter: umontpellier Bluesky: umontpellier.bsky.social Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Universidad de Montpellier é unha das máis antigas de Francia. Forma parte do Grupo Coimbra, e ten 1900 profesores, 41 000 estudantes, e 1700 estudantes de doutoramento.[1]

Bula Quia Sapientia, na que o papa Nicolao IV confirma a fundación da Universidade de Montpellier

A Universidade de Montpellier foi fundada en 1220 polo cardeal Conrado de Urach, e confirmada polo papa Nicolao IV nunha bula en 1289, na que reunía todas as escolas centenarias da cidade nunha universidade.[2]

A cidade de Montpellier foi un dos principais centros do saber da Idade Media en Francia.

A Universidade foi suprimida durante a Revolución francesa en 1793 e restablecida en 1896.

En 1968 a cidade tiña diversas escolas politécnicas superiores, públicas e privadas, e a Universidade dividiuse en tres:

  • A Universidade de Montpellier I, cuxa sede está en Montpellier, con dous campus en Nîmes e Albaret-Sainte-Marie, cuns 21 000 estudantes.
  • A Universidade de Montpellier II, con campus en Montpellier, Nîmes e Béziers, cuns 15 000 estudantes.
  • A Universidade de Montpellier III, tamén chamada Universidade Paul-Valéry, con campus en Montpellier e Bèziers, cuns 16 000 estudantes.

Porén, desde 2009 estudábase un proxecto para unificar todos os campus nunha grande Universidade. E en 2015 recreouse a Universidade de Montpellier,[3] fusionando as Universidades de Montpellier I e II, quedando fóra a Universidade Paul-Valéry.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]