Bukhara
Centro histórico de Bukhara | |
---|---|
![]() vista da cidade | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | Coordenadas: 40°10′N 63°40′L / 40.167, -63.667 |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV, VI |
Inscrición | 1993 (17ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia e o Pacífico |
Identificador | 602 |

Bukhara, Bucara, Buxara ou Buxoro (en lingua uzbeka Buxoro, en alfabeto cirílico Бухоро) é a quinta cidade máis poboada do Uzbekistán e a capital da provincia de Buhkara (Bukhoro viloyati).
Tiña unha poboación de 237.900 habitantes (censo de 1999), maioritariamente taxicos de lingua persa.
Bukhara e Samarcanda son os dous principais centros da cultura e a historia taxico-persa.
Durante o período soviético, estes dous centros taxicos foron anexionados á República Socialista Soviética de Uzbekistán, en contra da vontade dos taxicos da Asia Central.
En 1993 o seu centro foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola Unesco.
Algunhas personalidades relacionadas con Bukhara son:
- Imán Al-Bukharí, erudito musulmán persa, que recompilou milleiros de Hadices, que naceu nesta cidade en 810 d.C.
- Avicena, filósofo persa, que naceu nunha pequena vila próxima a Bukhara, e foi nesta cidade na que estudou no século X.
- Zamakhsharí, teólogo persa, que estudou nesta cidade a finais do século XI.
- Nicolau e Matteo Polo, pai e tio de Marco Polo, que viviron algúns anos nesta cidade contra 1260.
- Ulugh Beg, rexente timúrida e astrónomo, que colaborou na construción da madraza de Bukhara.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bukhara ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Through the Lens—the Silk Road Then and Now - Un século de cambios capturado en fotos dun fabuloso oasis de Asia Central.
- Forbes, Andrew, & Henley, David: Timur's Legacy: The Architecture of Bukhara and Samarkand (CPA Media).
- UNESCO World Heritage list: Historic Centre of Bukhara
- Audio interview with Bukhara resident about life in Bukhara