India portuguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Territorios do Imperio Portugués e outras potencias europeas na India.

O Estado Portugués da India, tamén coñecido por India Portuguesa, designa o grupo de territorios ocupados por Portugal na India, en época do Imperio Portugués. Cando se deu a independencia da India en 1947, Portugal detentaba os direitos sobre varios enclaves na costa indiana, cuxa pose datava da época dos Descubrimentos, logo despois da ligazón marítima ter sido establecida por Vasco da Gama. Entre estes territorios, incluíanse:

Moitas veces a India Portuguesa é referida como apenas Goa, xa que esta foi, durante anos, a principal praza comercial.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro contacto português con a India deuse a 20 de Maio de 1498, cando Vasco da Gama atracou en Calecute (actual Kozhikode). Logo dalgúns conflitos cos mercadores árabes (que detentaban o monopolio das especias, através de rutas terrestres, Vasco da Gama conseguíu asegurar unha carta de concesión para os trocos comerciais co Samorim, o gobernador de Calecute. Aí deixou algúns portugueses para estableceren un porto comercial.

Em 1510, o almirante Afonso de Albuquerque derrotou os sultáns de Bijapur, nunha disputa entre a soberanía do territorio de Timayya, o que levaria ao establecemento dos portugueses na Vella Goa. Goa tornabase, así, o centro do goberno da India, e o lugar de residencia para o vicerrei da India.

Entretanto, os portugueses conquistaban varios territorios aos sultáns de Gujarat: Damão (ocupado em 1531, formalmente cedido en 1539), Salsette, Bombaín e Bazaín (ocupado en 1534) e Diu (cedido en 1535). Estas possesións tornaranse na provincia do Norte do Estado da India, estendéndose por 100 km de costa desde Damão a Chaul. A provincia era gobernada a partir da fortaleza de Chaul. Bombaín sería cedida ao Reino Unido em 1661 como dote do casamento entre a princesa Catarina de Bragança e Carlos II de Inglaterra. A maioria da provincia foi, entretanto, perdida para os Maratha ata 1739 e Portugal apoderabase de Dadrá e Nagar-Haveli en 1779.

Rupia da India Portuguesa.

Após a independencia dos britânicos, en 1947, Portugal refugou a acceder ao pedido da India para rescindir das súas posesións. Porén, a actitude era condenada polo Tribunal Internacional e pola Asemblea das Nacións Unidas que entretanto se pronunciou a favor da India.

En 1954, Portugal perdía os primeiros territorios ultramarinos: Dadrá e Nagar-Haveli. A India prohibíu a Portugal desprazaren militares para a súa defensa, e anexou os enclaves en Agosto de 1961. En decembro de 1961, a Unión India invadía os territorios de Goa, Damão e Diu. Porén, Salazar negábase a recoñecer a soberanía indiana sobre os territorios, mantendoos representados na Assemblea Nacional portuguesa ata 1974, altura en que se deu a Revolución dos Cravos. A partir de entón, Portugal pode restablecer as relacións diplomáticas con a India, comezando polo recoñecemento da soberanía indiana sobre o antigo Estado Portugués da India. Porén, foi outorgado poder escoller a cidadanía portuguesa aos seus habitantes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]