Ahmed Ibn Majid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAhmed Ibn Majid

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1432 Editar o valor em Wikidata
Ras al-Jaimah Editar o valor em Wikidata
Morte1500 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxeógrafo , cartógrafo , escritor Editar o valor em Wikidata
Fragmento dunha obra de Ahmed Ibn Majid.

Ahmed Ibn Majid, nado na rexión de Julphar coñecida hoxe como Ras el Khaimah, un dos Emiratos árabes, en 1432, foi un poeta, navegante e cartógrafo árabe. Foi educado nunha ilustre familia de mariños e gozou da reputación de ser un experto no océano Índico. Era tan célebre, que foi considerado como o maior dos navegantes árabes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballos[editar | editar a fonte]

Escritor famoso, deixou escritos máis de trinta tratados en prosa e en verso. Sintetizou os coñecementos antigos e forneceu informacións novas sobre os problemas de navegación e de astronomía náutica. O seu libro máis importante foi: Kitab al-Fawa’id fi Usul ‘Ilm al-Bahr wa ’l-Qawa’id (Libro de información útil sobre os principios e as regras de navegación) que escribiu en 1490. Era unha enciclopedia de navegación que describía a historia e os principios das bases da navegación, as fases lunares etc.

Tamén redactou un tratado sobre a navegación no océano Índico, o mar Vermello, o golfo Pérsico e o mar da China.

Escribiu varios libros sobre ciencia mariña e o comportamento dos barcos en mar aberto, que serviron de axuda aos mariños do golfo Pérsico a alcanzar as costas indias e a África Oriental. O seu libro sobre oceanografía, Fawa'dh fi-Usl Ilm al-Bahr wa-al-Qawaidah é polo xeral considerado como un dos mellores libros de navegación.

Ruta á India[editar | editar a fonte]

A finais do século XV, Vasco da Gama buscando un mariño experimentado para atinxir a India, pediu un piloto en Melinde (porto na Kenya actual), o rei de Melinde ofreceulle un tal Malemo Caná (designase con este nome na obra do cronista portugués João de Barros), que serviu de piloto aos portugueses para chegar ata o porto indio de Calcuta, no Sur da India, onde tamén axudou a Vasco da Gama nos primeiros contactos coas autoridades daquela cidade. Investigadores posteriores identifican a Malemo Caná con Ahmed ibn Majid.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]