Ubuntu GNU/Linux

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

  ubuntu
Pantalla inicial de Ubuntu 8.04
Desenvolvedor Canonical Ltd. / Ubuntu Foundation
Familia de S.O. GNU/Linux
Modelo de desenvolvemento Software libre
Núcleo Linux
Tipo de núcleo Monolítico
Licenza GPL
Última versión estable 7.10 (Gutsy Gibbon) (18 de outubro de 2007)
Estado actual En desenvolvemento
Sitio web www.ubuntu.com

Ubuntu (AFI: /uˈbuntu/ en inglés[1], /ùbúntú/ en zulú) é unha distribución ou distro de GNU/Linux para computadoras de escritorio, portátiles e servidores. Baséase en Debian GNU/Linux e patrocínaa Canonical Ltd., empresa privada cuxo fundador e actual dono é o empresario sudafricano Mark Shuttleworth. Considerada a distro de GNU/Linux máis popular, Ubuntu prentende ser un sistema operativo actualizado, e concentra o seu obxectivo na facilidade de uso, a liberdade de uso, os lanzamentos regulares e a facilidade de instalación.

O nome desta distribución provén dunha palabra que en zulú e xhosa que pode ser traducida como "unha persoa é unha persoa grazas a outras persoas", "son o que son polo que todos nós somos" ou "a crenza nun lazo universal de compartir que conecta a toda a humanidade"[2], aínda que existen máis traducións do termo. O eslogan da distribución é "Linux para seres humanos" (Linux for Human Beings en inglés).

Ubuntu debe o seu nome ao movemento sudafricano homónimo encabezado polo bispo Desmond Tutu e Edgar Granados, quen gañaron o Premio Nobel da Paz en 1984 polas súas loitas en contra do Apartheid en Sudáfrica. O sudafricano Mark Shuttleworth, o mecenas do proxecto, encontrábase moi familiarizado coa corrente. Tras ver similitudes entre os ideais dos proxectos GNU, Debian e, en xeral, co movemento polo software libre, decidiu aproveitar a ocasión para difundir os ideais de Ubuntu.

Ubuntu publica novas versións do seu sistema operativo cada seis meses aproximadamente, e sopórtaas con actualizacións de seguridade e correcións de erros diarias durante dezaoito meses. Na actualidade é a distribución de GNU/Linux máis empregada, sendo a súa versión estable máis recente Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon), que data do 18 de outubro de 2007[3]. Tamén hai versións LTS (siglas de Long Term Support, inglés para soporte de longa duración), que contan con soporte de tres anos para a súa versión de escritorio, e cinco no caso da versión para servidores. A versión LTS máis recente, Ubuntu 6.06 (Dapper Drake), lanzouse o 1 de xuño de 2006. A seguinte versión de Ubuntu GNU/Linux, Ubuntu 8.04 (Hardy Heron), que verá a luz o 24 de abril de 2008, será tamén LTS. A seguinte versión prevese sairá en outubro do mesmo ano, e levará por nome Ubuntu 8.10 (Intrepid Ibex)[4].

Índice

[editar] Historia

A creación da primeira versión de Ubuntu foi anunciada por Canonical Ltd. o 18 de xullo de 2004, e contou cunha financiación inicial de 10 millóns de dólares. O proxecto naceu por iniciativa dalgúns programadores dos proxectos Debian e GNOME, decepcionados co xeito de operar do proxecto Debian, cuxa distribución de Linux sen ánimo de lucro era a máis popular do mundo.

De acordo cos fundadores, Debian era un proxecto demasiado burocrático onde non existían responsabilidades definidas e onde calquera proposta interesante se afogaba nun mar de discucións. Ademais, Debian non puña énfase en estabilizar o desenvolvemento das súas versións de proba e só proporcionaba auditorías de seguridade á súa versión estábel, a cal usaba só unha minoría debido á pouca ou mesmo nula vixencia que posuía en termos da tecnoloxía Linux actual.

Tras formar un grupo multidisciplinario, os programadores decidiron buscar o apoio económico de Mark Shuttleworth, un emprendedor sudafricano que vendeu a empresa Thawte a VeriSign, catro anos despois de fundala na garaxe do seu domicilio, por 575 millóns de dólares estadounidenses.

Shuttleworth viu con simpatía o proxecto e decidiu convertilo nunha iniciativa autisostible, combinando a súa experiencia na creación de novas empresas co talento e a experiencia dos programadores da plataforma Linux. Deste xeito naceu a empresa Canonical, encargarda de soster económicamente o proxecto mediante a comercialización de servizos e soporte técnico a outras empresas. Mentres que os programadores armaban o sistema, Shuttleworth aproveitou a ocasión para aplicar unha pequena campaña de mercadotecnia para espertar interese na distribución sen nome (the no-name-distro en inglés).

Tras varios meses de traballo e un período de probas lanzouse o 20 de outubro de 2004 a primeira versión de Ubuntu (Warty Warthog). Comezou como unha "desviación" (fork) de Debian GNU/Linux, co obxectivo de ofertar unha versión cada seis meses (Debian só lanza unha versión nova "cando o código está listo"). En contraste con outras desviacións xeneralistas de Debian como Xandros, Linspire e Libranet, Canonical permanece fiel á filosofía de Debian e limítase a ofrecer software libre en vez de outras opcións propietarias.

Os paquetes da Ubuntu baséanse nos da pola inestábel de Debian. Ubuntu fai uso dos ficheiros deb para a instalación, se ben non sempre son compatíbeis as súas versións coas de Debian. Algúns programadores de Ubuntu son tamén voluntarios de Debian e as modificacións que fan en Ubuntu envíanllas a Debian, aínda que entre os que se dedican só a Debian existe a sensación de que Ubuntu "toma máis do que dá".

[editar] Financiamento

Ubuntu recibe fondos de Mark Shuttleworth a través de Canonical Ltd. O 8 de xullo de 2005, Canonical anunciou a creación da Fundación Ubuntu co propósito de asegurar o apoio e desenvolvemento das futuras versións de Ubuntu, se ben esta fundación non ten actividade real. Mark Shuttleworth descríbea como un fondo de emerxencia para o caso de que remate a implicación de Canonical.

[editar] Características

[editar] Variantes

Existen diferentes variantes de Ubuntu, que se lanzan simultaneamente coa distribución principal e os paquetes que empregan proveñen dos mesmos repositorios: simplemente instalan un conxunto diferente de paquetes. Corresponden con esforzos de desenvolvemento diferentes dirixidos a públicos distintos. De feito, a filosofía de Ubuntu é a de crear distribucións dirixidas a públicos concretos utilizando o traballo de Debian, que tenta producilo todo para todos. Entre as variantes están:

[editar] Lanzamentos

Cada lanzamento ten un nome en código composto por un adxectivo e o nome dun animal que comezan pola mesma letra e un número de versión baseado no ano e mes en que se remata (normalmente, cada seis meses):

Versión Data de saída Nome
4.10 20 de outubro do 2004 Warty Warthog
5.04 8 de abril do 2005 Hoary Hedgehog
5.10 13 de outubro do 2005 Breezy Badger
6.06 LTS 1 de xuño do 2006 Dapper Drake
6.10 26 de outubro do 2006 Edgy Eft
7.04 19 de abril do 2007[5] Feisty Fawn
7.10 18 de outubro do 2007[6][7] Gutsy Gibbon

[editar] Ubuntu Certified Professional

No ano 2006 Canonical Ltd. e Linux Professional Institute firman un acordo para proveer un exame específico para Ubuntu Ubuntu Certified Professional que permita certifica-los coñecemientos dos profisionais de Ubuntu.

Os requesitos para ser Ubuntu Certified Professional son:

  • Telo nivel LPIC-1 (acredita coñecementos Linux independentes da distribución que sexa)
  • Realizalo exame específico de Ubuntu (LPI 199)

[editar] Notas

  1. FAQ de Ubuntu (en inglés)
  2. Ubuntu's African Roots.
  3. Introducing the Gutsy Gibbon. || Gutsy Gibbon |}
  4. mensaxe de Mark Shuttleworth (en inglés)
  5. Ubuntu 7.04 announcement.
  6. GutsyReleaseSchedule - Ubuntu Wiki.
  7. Introducing the Gutsy Gibbon.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Lista de distribucións Linux
CentOSDebianFedoraGentooKnoppixMandriva LinuxopenSUSERed Hat Enterprise LinuxSlackwareUbuntumáis…
Ferramentas persoais