Sistema operativo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un sistema operativo (S.O., OS en inglés) é o software que:
- 1 Proporciona a interface co ordenador sobre unha pantalla en forma de:
- intérprete de comandos (a interface usuario-ordenador): permite que o usuario se poida comunicar co ordenador, xa sexa mediante unha liña de comandos ou mediante gráficos:
- liña de comandos: Interface en "modo texto" - Dende a liña de comandos, ou "consola", introdúcense as ordes ou comandos; despois do "prompt" Ex.:MS-DOS, UNIX, GNU/Linux, AmigaOS.
- Interface gráfica - Mediante o uso do rato, facendo clic sobre figuras chamadas iconas, ou seleccionando opcións nun menú. Ex.: Windows, MacOS, GNU/Linux, AmigaOS.
- chamadas ao sistema (a interface aplicación-ordenador): ver o punto 4
- intérprete de comandos (a interface usuario-ordenador): permite que o usuario se poida comunicar co ordenador, xa sexa mediante unha liña de comandos ou mediante gráficos:
- 2. Administra os dispositivos hardware do ordenador. Cando se executan os programas, estes necesitan utilizar a memoria, o monitor, as unidades de disco, os portos de entrada/saída (impresoras, módems, etc.) O SO serve de intermediario entre os programas e o hardware.
- 3. Administra e mantén os sistemas de arquivos dos discos. Os SOs agrupan a información dentro de compartimentos lóxicos para almacenala no disco, chamados arquivos ou ficheiros. O SO mantén unha lista dos ficheiros dun disco, e proporciónanos as ferramentas necesarias para organizar e manipulalos.
- 4. Xestiona as chamadas ao sistema: Proporciona servizos a outros programas, a través de librerías que conteñen tais servizos, que permiten ás aplicacions executar os comandos do sistema operativo. Estas instrucións coñécense coma "chamadas do sistema"
Índice |
[editar] Lista sistemas operativos
- AmigaOS
- Amoeba
- BeOS
- DR-DOS
- DragonFly BSD
- FreeBSD
- FreeDOS
- GNU/Linux
- GNU Hurd
- MacOS
- Minix
- MS-DOS
- NetBSD
- OpenBSD
- PC-DOS
- Plan 9
- OS/2
- QDOS
- QNX
- Solaris
- Symbian
- Microsoft Windows
- Sistemas Unix
- Xenix
[editar] Principais Sitemas Operativos
Os sistemas operativos máis empregados para uso persoal e de oficina son os sistemas operativos privativos Windows,producido pola compañía Microsoft, e, en menor medida, Mac OS X, producido pola compañía Apple. Os sistemas operativos libres contan co dominio do mercado en servidores e supoñén xa unha alta porcentaxe do uso de ordenadores persoais. O máis popular e coñecido destes é Linux ou GNU/Linux inda que outros sistemas operativos coma os BSD contan cun nicho de uso particular. Os sistemas opertativos libres caracterízanse por poder escolle entre varios entornos de escritorio tento aspectos a simple vista bastante diferentes, inda que se traten do mesmo sistema operativo. Os entornos de escritorio máis populares son KDE e GNOME.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos