Mac OS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "MacOS")
  Mac OS
Desenvolvedor Apple
Familia de S.O. Unix
Lanzamento
En galego Non 
Espazo de usuario Acqua
Interface de usuario Dock
Modelo de desenvolvemento
Núcleo
Tipo de núcleo
Licenza
Última versión estable ()
Estado actual
Precedido por 10.8.3, 12D78 o 12 de marzo de 2013
Sucedido por 10.8.3, 14 de marzo de 2013
Sitio web apple.com/osx

Mac OS é un sistema operativo utilizado nos computadores Apple. Na actualidade estáse a comercializar a versión 10.4 do Mac OS X, a última versión do sistema.

Aparición[editar | editar a fonte]

A primeira versión deste sistema foi lanzada ó mercado en 1984, coincidindo co primeiro ordenador Macintosh. Ó igual que os sistemas empregados en anteriores máquinas de Apple introducía unha interface gráfica manexada mediante o rato, fronte ós PC de IBM desa época, que utilizaban MS-DOS.

Porén, a realidade é que o seu éxito no mercado foi relativo, especialmente tras a xeralización das máquinas PC e a introdución do Microsoft Windows. En calquera caso, sempre mantivo unha cuota de mercado aceptable, ó redor dun 5%. Co paso dos anos, os problemas financeiros de Apple e a escasa innovación, xunto coa competencia de alternativas libres como Linux puxeron en serio risco a continuidade da plataforma.

Mac OS X[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Mac OS X.

No ano 2001 Apple introduciu a versión 10 deste sistema. Esta versión foi revolucionaria, xa que supuxo a ruptura coa liña de desenvolvemento existente ata entón: é un sistema novo, cun fondo UNIX, e que para manter a compatibilidade co software existente ata entón sérvese dun emulador. A introdución deste novo sistema, bautizado como Mac OS X, xunto co éxito doutras áreas comerciais da empresa (iPod) fai que a supervivencia da plataforma pareza garantida.

Evolución da súa compatibilidade[editar | editar a fonte]

No 2005 Apple tomou a decisión de deixar de incorporar procesadores PowerPC nas súas máquinas e comezar a empregar Intel Pentium. Isto abre as portas da compatibilidade deste sistema con máquinas PC, e de feito nese mesmo ano comezaron a aparecer os primeiros desenvolvementos extraoficiais con ese obxectivo, aínda que nin contan co apoio da compañía nin con respaldo legal. Nun futuro, porén, non é descartable a aparición dunha versión oficial para PC.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]