Windows Vista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Microsoft Windows Vista
Desenvolvedor(es)Microsoft
Última versiónRetail (Build 6000)
(30 de xaneiro de 2007)
Sistema operativoWindows NT 6.0
TipoSistema operativo
LicenzaMicrosoft CLUF (EULA)
Sitio webwww.microsoft.com

Microsoft Windows Vista é a versión do sistema operativo Windows que sucede a Windows XP. Durante o seu desenvolvemento foi coñecido como Windows Longhorn. Foi lanzado o 30 de novembro de 2006 para o mundo empresarial a través de licenzas Open, mentres que o resto das versións empaquetadas para o usuario final saíron á venda o 30 de xaneiro de 2007.

Características[editar | editar a fonte]

Requisitos mínimos[editar | editar a fonte]

Os requisitos mínimos dividídense en dous: os necesarios para executar Windows Vista sen Aero (Home Basic e Starter, o que require un Windows Vista Capable PC) e os necesarios para executalo en toda a súa potencia (Home Premium, Ultimate, un Windows Vista Premium Ready PC). A lista de especificacóns necesarias é:

Cambios con respecto a Windows XP[editar | editar a fonte]

Algunhas das melloras amplamente anunciadas son:

  • Unha interface gráfica completamente redeseñada, cuxo nome é Aero.
  • Fiestras debuxadas con gráficos vectoriais usando XAML e DirectX. Para iso emprégase unha nova API, chamada Windows Presentation Foundation, cuxo nome en código é Avalon, que require unha tarxeta gráfica con aceleración 3D compatible con DirectX.
  • WinFX, unha API orientada a substituír a API actual chamada Win32. Esta, xunto con Avalon e Indigo, son os alicerces de Windows Vista.
  • Unha API antivirus para programadores de antivirus.
  • Capacidade nativa para gravar DVD.
  • Unha interface de liña de comandos denominada provisionalmente Monad.
  • Inclúe unha versión do navegador Internet Explorer 7.0.
  • Integra directamente no sistema un lector de noticias RSS.
  • A utilidade de restauración do sistema actualizada e implementada como ferramenta de inicio de sesión, facilitando así o "rescate" do sistema.
  • Un sistema unificado de comunicacións chamado Windows Comunication Foundation, cuxo nome en código é Indigo.
  • Inclúe un sistema antispyware denominado Windows Defender.
  • Engade ao firewall de sistema a capacidade de bloquear conexións que saen do sistema sen previa autorización.
  • Windows Mail é o Outlook Express para Microsoft Windows Vista.
  • Inclúese o novo Windows Sidebar ou Barra Lateral de Windows. Ao facer clic co rato, o usuario ten acceso a unha serie de pequenos programas denominados "gadgets".
  • Incorporouse a ferramenta BitLocker Drive Encryption, para a protección de datos extraviados na versión Ultimate.
  • User Account Control: ao contrario das anteriores versións de Windows os novos usuarios de Windows Vista non terán dereitos de administrador por defecto.
  • Inclúe o Windows Media Player versión 11.
  • Inclúe un "Sync Center" para sincronización de Windows Vista con Pocket PC sen necesidade de instalar o "Active Sync".
  • Incorpora un sistema de protección chamado Windows Software Protection Platform (WSPP) que será máis potente que o de Windows XP Windows Genuine Advantage (WGA). Cando detecte que a copia é pirata, o primeiro que fai é avisar ao usuario, e se o usuario non logra obter unha copia auténtica empezará a ir desactivando opcións do sistema, como son o Aero ou Windows Defender ata só deixar activo o máis básico como é o navegador.[1]

Aspecto[editar | editar a fonte]

Windows Vista incorpora varios cambios importantes en canto á aparencia do sistema. Por unha banda Vista incorpora unha nova interface chamada Aero que incorpora características como a semi-transparencia das fiestras, o que permite ver o que hai detrás delas.

Outra novidade son as melloras en canto á navegación entre as fiestras a cal facilítase debido a novas características como o flip 3D, o cal mediante a combinación das teclas Windows-Tab permite ter unha vista 3D das fiestras, a vella combinación de teclas Alt-Tab agora mostra un vista en miniatura das fiestras que tamén se pode apreciar cando o rato pasa por enriba do botón dunha fiestra minimizada na barra de tarefas.

Doutra banda vista tamén incorpora iconas máis grandes, facilitando o traballo co sistema debido a que as altas resolucións das pantallas fan que estes se vexan moi pequenos.

A interface Aero só está presente nas versións Business, Home Premium e Ultimate.

Seguridade[editar | editar a fonte]

Aínda que segundo Microsoft o Vista é o Windows "máis seguro", detectáronse algúns fallos de seguridade, e incluso, a compañía de antivirus Trend Micro chegou a dicir que certos crackers están vendendo exploits.[2]

Tamén publicouse nun foro en ruso[3] o código dun exploit de aumento de privilexios. Tódalas versións de Windows resultan afectadas, incluíndo Windows Vista.

Outra debilidade atopada foi un fallo no sistema de recoñecemento de voz coñecido como shout hacking.

Edicións[editar | editar a fonte]

O 26 de febreiro de 2006, a compañía Microsoft anunciou que o Windows Vista inclúe 6 edicións[4].Todas as versións están dispoñibles para arquitecturas (procesadores) de 32 e 64 bits, fóra de Microsoft Windows Vista Starter Edition que só estará dispoñible en 32 bits, xa que é unha edición de menores prestacións.

Microsoft Windows Vista Home Basic[editar | editar a fonte]

Parecido ao Windows XP Home Edition. Non inclúe "Aero Glass" con efectos translúcidos. Soportará 8 GB de RAM.

Microsoft Windows Vista Home Premium[editar | editar a fonte]

Similar ao Windows XP Media Center Edition. Inclúe ademais de todo o contido no Home Basic o seguinte: o Media Center e soporte para Tablet PC, HDTV e ata 16 GB de memoria RAM. Implementará melloras como a gravación directa de DVD, un Movie Maker con compatibilidade de HD "High Definition", a súa interface xa incorpora o "Aero Glass" e o "Mobility Center" para usuarios de computadoras portátiles.

Microsoft Windows Vista Business[editar | editar a fonte]

Equivalente ao Windows XP Profesional. Non inclúe características do Media Center Edition. Ofrece ferramentas máis orientadas cara aos negocios, soporte para Tablet PC ademais de soporte de Fax, servidor web IIS, ata 128 GB. Escritorio Remoto, Backup de Arquivos e unha función chamada "Complete PC" que copia espellos do Disco Duro, Tamén contará con "Mobility Center" para usuarios de computadoras portátiles.[5].

Microsoft Windows Vista Enterprise[editar | editar a fonte]

Baseado na anterior versión (Microsoft Windows Vista Business). Ten todo o do anterior, máis Virtual PC, interface multilingüe, e poderá soportar aplicacións UNIX. Non se venderá a través dos medios tradicionais de venda, só por licenza OPEN.

Características que engade respecto da versión business:

  • Cifrado de unidade Windows BitLocker, nova tecnoloxía que contribúe a impedir que os datos confidenciais e protexidos polas leis de propiedade intelectual queden expostos se un equipo pérdese ou é subtraído.
  • Virtual PC cunha licenza para executar catro sesións de sistema operativo virtual, que permite a execución dunha aplicación herdada nun sistema operativo Windows herdado nunha contorna virtual sobre Microsoft Windows Vista Enterprise.
  • Inclúese o Subsistema para aplicacións UNIX (SUA), que permite executar aplicacións UNIX directamente nun PC con Microsoft Windows Vista Enterprise.
  • Posibilidade de subscrición ao Desktop Optimization Pack (paquete de optimización de escritorio) para Software Assurance. Este servizo pode acelerar a implementación con ferramentas como SoftGrid, para a virtualización de aplicacións, que pode reducir os conflitos entre aplicacións, e con Asset Inventory Services, para compilar con maior rapidez a información sobre as aplicacións que se executan na organización.
  • Integra nun mesmo paquete todos os idiomas de interface dispoñibles. O acceso a todos os idiomas de interface de Windows permite ás organizacións xerar un imaxe de implementación única que se pode usar en todo o mundo, así como implementar PC individuais que ofrezan de forma simultánea diferentes idiomas de interface para usuarios distintos

Microsoft Windows Vista Ultimate[editar | editar a fonte]

Combina todas as características do Home Premium xunto coas do Business. Como as versións para o mercado profesional, é unha versión de Windows Vista "sen compromisos" e conterá todo o que Microsoft Windows Vista ten que ofrecer para usarse en casa ou na Oficina. Como novidade, única e exclusiva nesta versión esta "DreamScene", só dispoñible para usuarios da última versión do Ultimate, consiste nun fondo de escritorio (wallpaper) animado que incrementa a experiencia visual do XO. Tamén están os demais "Extras de Windows Vista Ultimate", que inclúen un xogo (Hold 'Em Poker Game) e melloras para o sitema de proteccion de disco duro presente nesta versión (BitLocker and EFS Enhancements). Todas os extras descárganse desde o menú "Extras de Windows Vista Ultimate" ou desde "Windows Update"

Datas de lanzamento[editar | editar a fonte]

  • Windows Longhorn 1ª Mostra aos Desenvolvedores (Pre-Beta): Versión 5048, 24 de abril de 2005 (mostrada no WinHEC 2005). Dispoñible aos invitados do WinHEC 2005, subscritos de MSDN, e "Beta Testers" soamente.
  • Windows Vista Beta 1: 27 de xullo de 2005. Dispoñible aos subscritos de MSDN e Technet, e aos "Beta Testers" soamente.
  • Windows Vista 2ª Mostra aos Desenvolvedores (Pos-Beta): setembro 2005, no Professional Developer Conference (PDC). Dispoñible aos asistentes ao PDC 2005, subscritos de MSDN e "Beta Testers" soamente.
  • Windows Vista Beta 2: Versión 5384. Está dispoñible para os testers desde o 23 de maio de 2006; Beta 2 fíxose pública o 7 de xuño a través do Microsoft's Customer Preview Program; basicamente unha descarga gratuíta da páxina web de Windows Vista.
  • Windows Vista Release Candidate 0 ou Pre-RC1 (Pre-RC1): Versión 5536, 25 de agosto do 2006. Dispoñibilidade pública.
  • Windows Vista Release Candidate 1 (RC1): Versión 5600, 1 de setembro de 2006. Dispoñibilidade pública.
  • Windows Vista Release Candidate 2 (RC2): Versión 5744, 6 de outubro de 2006. Dispoñible para os "Beta Testers", subscritos de MSDN e TechNet e un limitado número de membros do Customer Preview Program (CPP) de Windows Vista.
  • Windows Vista (Versión Final) Release to Manufacturing (RTM): Versión 6000, 8 de novembro de 2006, dispoñible só para os fabricantes para darlles tempo a que desenvolvan os controladores de hardware e actualizar os existentes.
  • Lanzamento para o Mundo Empresarial a clientes que conten con licenzas OPEN 30 de novembro de 2006
  • Lanzamento Windows Vista (distribución mundial xeral): 30 de xaneiro de 2007 e poderase comprar En Liña e descargar desde Internet.
  • Microsoft en 2006 especificou oficialmente na súa web as datas de lanzamento definitivas do novo sistema operativo Microsoft Windows Vista.
  • A finais de agosto de 2006, a tenda online Amazon mostrou como data de venda prevista o 30 de xaneiro de 2007.[6] Actualmente esa tenda xa está realizando a venda de copias de Windows Vista.
  • A partir do 15 de decembro de 2006 os principais fabricantes de PC comezaron a ofrecer o Windows Vista Express Upgrade a quen adquirisen unha PC nova "Windows Vista Capable" entre o 26 de outubro de 2006 e o 15 de marzo de 2007, con este programa, segundo o fabricante, a actualización podería ter un custo nominal ou ser gratuíta. Actualizaranse segundo a versión XP que se inclúa no sistema:
    • Home Edition a Windows Vista Home Basic,
    • Media Center Edition a Windows Vista Home Premium,
    • Tablet PC Edition a Windows Vista Business,
    • Professional a Windows Vista Business

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "WSPP: El nuevo sistema de protección de Windows Vista". www.players4players.com. Consultado o 2020-07-13. 
  2. "Crackers Selling Vista Zero-Day Exploit". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 28 de xuño de 2007. 
  3. "Убийственный MessageBox от Мелкомягких". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2007. Consultado o 28 de xuño de 2007. 
  4. Microsoft Unveils [http://www.wlndowsvista.com Microsoft Windows Vista] Product Lineup, nota de prensa de Microsoft, o 26 de febreiro de 2006 (en inglés).
  5. Información sobre as claves de produtos de Microsoft Arquivado 07 de xullo de 2007 en Wayback Machine. (en inglés).
  6. "Home Edition - Images: Amazon's taking orders for Vista - CNET News". archive.is. 2012-05-26. Archived from the original on 26 de maio de 2012. Consultado o 2020-07-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]