Fedora Core
| Desenvolvedor | Projecto Fedora |
| Familia de S.O. | Linux |
| Modelo de desenvolvemento | Software libre |
| Núcleo | Linux |
| Tipo de núcleo | Monolítico |
| Licenza | |
| Última versión estable | 12 () |
| Estado actual | En desenvolvemento |
| Sitio web | fedoraproject.org |
Fedora Core, tamén coñecida como Fedora Linux, é unha distribución GNU/Linux desenvolvida pola comunidade Fedora e promovida pola compañía estadounidense Red Hat.
Historia e características [editar]
O obxectivo do proxecto Fedora é conseguir un sistema operativo de propósito xeral e baseado exclusivamente en software libre co apoio da comunidade Linux. Os enxeñeiros de Red Hat continúan participando na construción e desenvolvemento deste proxecto e convidan e fomentan a participacion de membros da comunidade Linux.
Orixinalmente, Red Hat Linux foi desenvolto exclusivamente dentro de Rede Hat, coa súa realimentación de informes de usuarios que recuperaban erros e contribucións aos paquetes de software incluídos e non contribucións á distribución como tal. Isto cambiou o 22 de setembro de 2003, cando Red Hat Linux derivouse dando orixe ao Proxecto Fedora, que está orientado á comunidade de usuarios e así mesmo, serve de base para que Red Hat Enterprise Linux se desenvolva con máis efectividade e adopte as novas características que se engaden no Proxecto Fedora.
Este modelo é similar á relación entre Netscape Communicator e Mozilla, ou entre StarOffice e OpenOffice.org, aínda que neste caso, o produto comercial resultante é software libre.
|
|||||