LAMP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The LAMP software bundle (here additionally with Squid). A high performance and high-availability solution for a hostile environment

LAMP é un acrónimo que se refire a un conxunto de subsistemas de software necesarios para acadar unha solución global, en este caso configurar sitios web o Servidores dinámicos cun esfuerzo reducido. Nas tecnoloxías LAMP esta configuración conséguese mediante a unión das seguintes tecnoloxías:

A pesar de que na súa orixe estes programas de código aberto non foron especificamente deseñados para traballar entre si, a combinación popularizouse debido ao seu baixo custo de adquisición e a ubicuidade dos seus compoñentes (xa que veñen pre-instalados na maioría das distribucións linux).

Cando son combinados, representan un conxunto de solucións que soportan servidores de aplicacións.

Amplamente promocionado polo editor da editorial O'Reilly Dale Dougherty, a suxestión de David Axmark e Monty Widenus desarrolladores de MySQL, a influencia da editorial O'Reilly no mundo do software libre fixo que o termo se popularizase rapidamente en todo o mundo.

Software[editar | editar a fonte]

GNU/Linux[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Linux.

Linux é un núcleo ou kernel de sistema operativo libre tipo Unix.

Apache HTTP Server[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Servidor HTTP Apache.

O Servidor HTTP Apache é un servidor web libre e de código aberto, o máis popular en canto a uso, servindo de facto como plataforma de referencia para o deseño e valoración doutros servidores web.

MySQL[editar | editar a fonte]

Artigo principal: MySQL.

MySQL é un Sistema de Xestión de Bases de Datos (SXBD) relacional, que por tanto utiliza SQL, multithreading (multifío) e multiusuario do que se estiman máis dun millón de instalacións.

PHP[editar | editar a fonte]

Artigo principal: PHP.

PHP (acrónimo de "PHP: Hypertext Preprocessor") é unha linguaxe de programación deseñado para producir sitios web dinámicos. PHP é utilizado en aplicacións ao lado do servidor, aínda que pode ser usado tamén desde unha interfaz de liña de comandos ou como aplicación de escritorio.

Variantes e alternativas[editar | editar a fonte]

PHP é substituído ás veces por Perl ou Python, e o acrónimo mantense. Algúns desenvolvedores de software prefiren usar a M para referirse aos módulos do servidor HTTP Apache, como mod_perl ou mod_python, e utilizar a P para referirse a PostgreSQL. O acrónimo "LAMR" é ocasionalmente usado para indicar Ruby on Rails no canto de PHP.

Unha variante desta designa á M como Middleware (incluíndo Ruby, Perl, Python, etc.) e a P para PostgreSQL.

Outras solucións inclúen contornas de desenvolvemento como o WebObjects de Apple Inc., Java EE, Grails ou a arquitectura Microsoft .NET, de Microsoft.

Similarmente, a L é ocasionalmente substituída cunha M (por Mac OS X), D (por Darwin BSD), B (por BSD) ou 'W' (por Microsoft Windows)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]