Mozilla Firefox
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mozilla Firefox 2.0 en GNOME, Ubuntu |
|
| Desenvolvedor: | Mozilla Foundation |
| Última versión: | 3.0.6[1] (3 de febreiro de 2009) |
| Sistema operativo: | Windows/GNU/Linux/Mac OS X/Solaris/BSD |
| Xénero: | Navegador web |
| Licenza: | MPL/GPL/LGPL |
| En galego: | Si (mediante extensión)[2] |
| Sitio web: | www.mozilla-europe.org |
Mozilla Firefox (orixinariamente coñecido como Phoenix e brevemente como Mozilla Firebird) é un navegador web desenvolvido pola Mozilla Foundation, axudado por centos de voluntarios como software libre e multiplataforma.
A versión 1.0[3] foi publicada o 9 de novembro de 2004, e ata o 12 de febreiro de 2007, Firefox acadou os 300 millóns de descargas, converténdose nunha das aplicacións de código libre máis usadas polos usuarios particulares. A versión actual estable é a 3.0.6, do 3 de febreiro de 2009. Estase xa a desenvolver a 3.1.
Mozilla Firefox pretende ser un navegador pequeno, rápido, intuitivo, estable e seguro. Baseado no compoñente de navegación da suíte Mozilla, o Firefox converteuse no produto principal da Mozilla Foundation.
O código fonte de Firefox está dispoñíbel baixo os termos MPL/GPL/LGPL.
De acordo con Net Applications, o 14,56% dos navegadores do mundo eran Firefox en agosto do 2007, cun 14,05% usando a versión 1.5 ou superior.
Índice |
[editar] Lemas de Firefox
- Redescubre a web
- Navega á última
- Seguro, rápido e gratuíto
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas