Mark Shuttleworth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mark Shuttleworth
Mark Shuttleworth by Martin Schmitt.jpg
Mark Shuttleworth, despoís do seu discurso en Linuxtag en Wiesbaden.(2006)
Datos persoais
Nacemento 18 de setembro de 1973, (41 anos)
Lugar Welkom Flag of South Africa.svgSuráfrica
Falecemento {{{morte}}}
Lugar {{{lugar_morte}}}
Residencia
Nacionalidade surafricano/britanico
Etnia
Cónxuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Campo
Estudos
Ocupación Informático e Empresario
Ocupación actual
Ocupación previa
Axencia espacial
Misións Soyouz TM-34
Rango.
Seleción
Tempo no espazo 9 días, 21 horas e 25 minutos
Retiro
Insignias Soyuz TM-34 logo.png
Condecoracións

[[Ficheiro:|centro|150px]]

{{{notas}}}

Mark Richard Shuttleworth, nado o 18 de setembro de 1973 en Welkom, Suráfrica, é un informático e empresario surafricano. É o fundador da empresa Canonical Ltd., unha empresa promotora do Software Libre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mark Shuttleworth naceu no pobo mineiro de Welkom, Estado Libre, Suráfrica, o seu pai é cirurxián e a súa nai unha mestra dunha escola de enfermería. Creceu na cidade do Cabo onde obtivo un BBusSci en Finanzas e información de sistemas na universidade da Cidade do Cabo, vivía no Smuts Hall, ademais participou na instalación das primeiras conexións residenciais de internet na súa universidade.

Traballo[editar | editar a fonte]

En 1995, o seu último ano na universidade, funda a empresa de seguridade en Internet Thawte, especializada en certificados dixitais e seguridade en internet, que vende en 1999 a VeriSign por 575 millóns de dólares.

Shuttleworth fundou en marzo de 2004 a empresa Canonical Ltd., para a promoción e soporte comercial de proxectos de software libre e código aberto, tamén financiou o proxecto Ubuntu, unha distribución de GNU/Linux baseada en Debian, en 2001 forma a fundación Shuttleworth, sen fins de lucro e dedicada á innovación social que tamén apoia educación gratuíta e proxectos de software libre en Suráfrica, como o Freedom Toaster.

En setembro do 2000, formou HBD Venture Capital, unha incubadora de empresas e provedora de capitais de risco. En marzo de 2004 formou Canonical Ltd., para a promoción e soporte comercial de proxectos de software libre. En decembro de 2009, deixa de ser o director executivo de Canonical Ltd.

Viaxe espacial cara á ISS[editar | editar a fonte]

Mark Shuttleworth na Estación Espacial Internacional.

Foi o primeiro africano no espazo e o primeiro turista espacial surafricano. O 25 de abril de 2002, a nave Soyuz TM-34 despegou do cosmódromo de Baikonur cara á Estación Espacial Internacional cunha tripulación formada por tres persoas: o piloto-cosmonauta ruso Yuri Gidzenko como comandante da misión, o cosmonauta-investigador italiano Roberto Vittori e o cosmonauta-enxeñeiro surafricano Mark Shuttleworth.

O segundo cosmonauta "turista" na historia, despois do voo do millonario estadounidense Dennis Tito na Soyuz TM-32, prefire non ser considerado un simple turista, e por iso puxo gran énfase nos aspectos educativos e científicos da súa misión. Levou a cabo experimentos científicos nas áreas de fisioloxía e fenómenos de cristalización, así como outros relativos á investigación das células nai.

Logo de 8 días a bordo da Estación Espacial Internacional (e 10 días de estancia no espazo), a tripulación conformada por Gidzenko, Vittori e Shuttleworth regresou á Terra a bordo da Soyuz TM-33, naquel momento axustada á Estación. A misión da Soyuz TM-34 foi a cuarta que viaxaba á Estación Espacial Internacional e a última de dita variante TM da venerable nave, sendo substituída logo pola Soyuz TMA.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Mark Shuttleworth
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mark Shuttleworth

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]