PHP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PHP
Crystal Clear mimetype php.png
Paradigma: multiparadigma
Data: 1995
Deseñador: PHP Group
Última versión: 5.3.10
Tipo de dato: dinámico
Influído por: C, C++, Perl, Java, Python
Sistema operativo: Multiplataforma
Licenza de software: PHP License 3.01
Web: www.php.net

PHP era orixinalmente o acrónimo de "Personal Home Pages" ("Páxina web persoal") e posteriormente o acrónimo recursivo de "PHP Hypertext Preprocesor" (Pre-procesador de Hipertexto PHP). PHP é unha linguaxe de programación de computadores interpretada, libre e moi utilizada para xerar contido dinámico na Web.

A linguaxe apareceu no 1994, como un subconxunto de scripts en Perl criados por Rasmus Lerdof. Coas adicións de Zeev Suraski e Andi Gutmans, dous programadores israelitas pertencentes ao Technion, o instituto israelita de tecnoloxía, que reescreberon o parser, foi lanzada en 1997 como PHP 3, primeira versión estábel e parecida á linguaxe actual. En maio de 2000 fíxose pública a versión 4, e en xullo de 2004, a versión 5.

Índice

[editar] Características

Trátase dunha linguaxe extremamente modularizada, o que a torna ideal para instalación e uso en servidores web. É moi parecida, en tipos de dados, sintaxe e mesmo funcións, coa linguaxe C. e coa C++. (A partir da versión 5, inclusive, PHP conta cun suporte maior á orientación a obxectos.) Pode ser, dependendo da configuración do servidor, embutida no código HTML. Ademais diso, destácase a extrema facilidade con que PHP lida con servidores de base de datos, como MySQL, Microsoft SQL Server e Oracle.

Existen versións do PHP disponibles para ambientes Windows e Linux. A Wikipedia funciona sobre un software enteiramente escrito en PHP, usando bases de dados MySQL, o MediaWiki.

Construir unha páxina dinámica baseada en bases de dados é simples con PHP, xa que este fornece suporte a un gran número de bases de dados: Oracle, Sybase, PostgreSQL, InterBase, MySQL, SQLite, MSQL, etc, podendo abstrair o Banco coa biblioteca ADOdb, entre outras.

PHP ten suporte aos protocolos IMAP, SNMP, NNTP, POP3, HTTP, LDAP, XML-RPC, SOAP. É posíbel abrir sockets e interactuar con outros protocolos. E as bibliotecas de terceiros expanden aínda máis estas funcionalidades.

É moi frecuente a creación de sitios web utilizando o sistema operativo Linux, o servidor web Apache, a base de datos MySQL e a linguaxe de guións PHP, nunha combinación coñecida polo acrónimo LAMP. Se, en vez de Linux se emprega Windows fálase de WAMP.

[editar] Exemplos de código

  • info.php (mostra as características e variábeis do sistema no que está a correr)
<?php
   phpinfo();
?>
  • data.php (imprime a data no formato día/mes/ano)
<?php
   echo date('d/m/Y');
?>


[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns Externas

[editar] PHP.net

[editar] Recursos

[editar] Seguranza

[editar] Outras fontes de clases e padróns

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas