Canonical Ltd.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Canonical Ltd. é unha empresa privada fundada e financiada polo empresario surafricano Mark Shuttleworth, para a promoción de proxectos relacionados có software libre. Ten a súa sede no paraíso fiscal da Illa de Man pero os seus empregados están espallados por todo o mundo.
O proxecto máis importante no que está inmerso esta empresa é a distribución de GNU/Linux coñecida como Ubuntu. Outros proxectos tamén financiados pola compañía son Launchpad. O proxecto TheOpenCD (unha colección de programas libres para Windows) e Bazaar (un sistema de control de versións desenvolvido en Python).
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Sitio web oficial de Canonical Ltd. (en inglés)