Kubuntu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kubuntu-logo-lucid  Kubuntu
Kubuntu904.PNG
Desenvolvedor Canonical Ltd.
Familia de S.O. Linux
Lanzamento
En galego
Espazo de usuario
Interface de usuario
Modelo de desenvolvemento Software libre
Núcleo Linux
Tipo de núcleo Monolítico
Licenza
Última versión estable 9.04 (Gutsy Gibbon) (23 de Abril de 2009)
Estado actual En desenvolvemento
Precedido por
Sucedido por
Sitio web www.kubuntu.org
Kubuntu904.PNG

Kubuntu é unha derivación oficial do sistema operativo Ubuntu, pero con KDE como entorno de escritorio.

Tal como se explica no sitio web de Kubuntu na wiki de Ubuntu: "O proxecto Kubuntu quere ser para KDE o que Ubuntu é para GNOME: Un sistema operativo integrado con tódalas características de Ubuntu, pero baseado no entorno de escritorio KDE. As novas versións de Kubuntu saen de maneira regular e predecible; faise unha nova versión cada vez que sae unha actualización de KDE".

Tódolos paquetes comparten os mesmos arquivos que Ubuntu.

Existen liveCD e CD de instalación para plataformas X86, PowerPC e AMD64. Tamén hai versións diarias dos CD.

Historia[editar | editar a fonte]

Para poder centrarse en solucionar rapidamente os erros, conflitos de paquetes, etc. decidiuse en Ubuntu eliminar certos paquetes do compoñente main, ben por non seren populares ben escollidos de forma arbitraria por gusto ou polas súas bases de apoio ao software libre.

Por tales motivos inicialmente KDE non contaba con máis soporte do que entregaban os mantedores de Debian nos seus repositorios, razón pola que a comunidade de KDE uniuse para distribuír a distro coñecida co nome de Kubuntu.

Lanzamentos[editar | editar a fonte]

Cada lanzamento ten un nome en código composto por un adxectivo e o nome dun animal que comezan pola mesma letra e un número de versión baseado no ano e mes en que se remata (normalmente, cada seis meses):

Versión Data do lanzamento Nome en código
4.10 20 de outubro de 2004 Warty Warthog
5.04 8 de abril de 2005 Hoary Hedgehog
5.10 13 de outubro de 2005 Breezy Badger
6.06 LTS 1 de xuño de 2006 Dapper Drake
6.10 26 de outubro de 2006 Edgy Eft
7.04 19 de abril de 2007 Feisty Fawn

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]