OpenSUSE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OpenSUSElogo.png
  openSUSE
Opensuse-12.2-en-kde-desktop.png
openSUSE 12.2 con KDE 4.8.4
Desenvolvedor openSUSE Project
Familia de S.O. Linux
Lanzamento {{{lanzamento}}}
En galego ?
Espazo de usuario {{{espazo_de_usuario}}}
Interface de usuario {{{interface_de_usuario}}}
Modelo de desenvolvemento Software libre
Núcleo Linux
Tipo de núcleo Monolítico
Licenza GPL
Última versión estable 12.3 (13 de marzo de 2013)
Estado actual En desenvolvemento
Precedido por {{{precedido_por}}}
Sucedido por {{{sucedido_por}}}
Sitio web www.opensuse.org

openSUSE é unha distribución Linux desenvolvida polo Proxecto openSUSE que pretende ofrecer un sistema operativo xeralista. Trala adquisición de SUSE Linux en Xaneiro do 2004[1] a empresa Novell decidiu lanzar o produto SUSE Linux Professional coma un proxecto cen por cento libre coa intención de que nacera unha comunidade arredor do proceso de desenvolvemento[2]. A primeira versión foi a beta openSUSE 10.0 e na actualidade o proxecto xa liberou, en Xuño do 2008, a versión opensuse 11.0[3]. Novell emprega o lema de a "mellor e máis sinxela para tódolos usuarios" para promocionar o seu uso e venda[4]

Como a meirande parte das distribucións, permite durante a instalación de seleccionar diferentes escritorios, tanto KDE coma GNOME ou outros escritorios menores coma Xfce. Posúe ademais unha gran cantidade de software dispoñible que cobren un amplo campo de funcións.

Historia[editar | editar a fonte]

A distribucións SUSE Linux' nace incialmente coma unha compañía adicada á tradución de Linux Slackware ó alemán. A mediados do 1992, Softlanding Linux System foi fundada por Peter MacDonald e foi a primeira distribución en conter elementos coma o sistema ve fiestras X e TCP/IP. Nesta distribución ten a súa orixe Slackware. No ano de nacemento desta distribución fúndase S.u.S.E coma un grupo consultor de Unix que, entre outras cousas, lanzaba paquetes de software que incluían SLS e Slackware e imprimían manuais UNIX/Linux ademais de os traducir, todo en estreita colaboración co fundador de SLS, Peter MacDonalds. S.u.S.E é un acrónimo da frase xermana Software- und System-Entwicklung, Software e Sistemas de Desenvolvemento inda que existe o rumor nas comunidade anglófona de que o nome é un tributo ó pioneiro xermáno da informática Konrad Zuze, apelido do cal en fala inglesa posúe semellante pronuncia. Incialmente S.u.S.E lanzou adicouse á venta dunha versión de SLS/Slackware no ano 1994, que ocupaba en 40 disquets, baixo o nome de S.u.S.E Linux 1.0. Nun determinado momento decidiuse que se necesitaba apoiarse nunha distribución cun sistema de instalación mellor e mellores ferramentas de configuración así que se optou por comezar a basear a distribución en Jurix, producida por Florian La Roche. Neste momento comeza o desenvolvemento de YaST. Chegase así á S.u.S.E Linux 4.2 no ano 1996. No ano 1997 fundase S.u.S.E., LLC con sede en Oakland,California (EEUU) coa pretensión de chegar ó mercado americano. Co tempo, SuSE había de integrar moitos aspectos de Red Hat Linux, coma o sistema de xestión de paquetess RPM e /etc/sysconfig.

Coa intención de chegar mellor ós seus compradores de empresas, SuSE introduce no ano 2001 a SUSE Linux Enterprise Server e, consecuentemente, troca o nome da compañía á SUSE Linux en Setembro de 2004 como parte dunha nova reorganización estratéxica. [5]

En Novembro do ano 2003, Novell anuncia que adquire SUSE Linux[6] mais afirma que non pretende a "medio prazo" mudar o xeito de que SUSE Linux era desenvolto. Mais na conferencia Brainshare anual de Novell anunciase que a ferramenta de administración de SUSE Linux, YaST2 era posta a disposición libre baixo a licenza GPL

En Agosto do 2005, Novell anuncian que a serie SUSE Professional pasaría a ser máis aberta e feita dende dentro da comunidade openSUSE coa intención de que así chegara a maior audiencia de usuarios e desenvolvedores. Nace deste xeito openSUSE. Inda que xa o código estaba a libre disposición dende a compra por parte de Novell, e era código libre, sensu stricto, agora o proceso de produción de código convertiase en tal. Previamente, todo o traballo de SuSE era feito dentro da compañía e non sería ata a liberación da versión 10.0 que houbo unha versión de probas beta.

As versión seguintes, a 10.1 e a 10.2 saen no ano 2006 e a 10.3 no 2007. A serie 11 publica no 2008 dúas versións: a 11.0 saída en Xullo e a 11.1 en Decembro.

Versións[editar | editar a fonte]

Serie 10[editar | editar a fonte]

SUSE Linux 10.0[editar | editar a fonte]

A primeira versión estable do proxecto openSUSE foi SUSE Linux 10.0, que foi lanzada no 6 de outubro do 2005[7]. Esta foi a primeira vez que a distribución podía ser descargada libremente, a través de internet, descargando unha Imaxe ISO, ou solicitando o produto empaquetado, de maneira ordinaria.

SUSE Linux 10.1[editar | editar a fonte]

O 11 de Maio de 2006 o proxecto openSUSE libera SUSE Linux 10.1 nos que, segundo se destaca no lanzamento, Xgl, Networkmanager AppArmor e Xen son as características do produto. [8]

openSUSE 10.2[editar | editar a fonte]

Para a terceira versión había de haber cambios na identidade do proxecto ca que o nome foi mudado de SUSE Linux a openSUSE. Así o 7 de Decembro de 2006 sae openSUSE 10.2. Para esta versión, varias áreas centraron os esforzos dos desenvolvedores. Por unha banda fixéronse cambios na interface pois modificáronse os menús dos escritorios KDE e GNOME e por outra engadíronse funcións ó sistema, migrando ó sistema de ficheiros ext3 como predefinido, mellorando a xestión de consumo, mellorando o soporte para cámaras fotográficas e mellorando o sistema de xestión de paquetes. Esta versión trouxo consigo a versión 2.0 de Mozilla Firefox.

openSUSE 10.3[editar | editar a fonte]

O cuarto dos lanzamentos da serie, e último, opensuse 10.3 distribuíse coma estable o 4 de Outubro do 2007[9]. Esta versión trouxo cambios varios e importantes. En canto ós aspectos técnicos, ademais da actualización de paquetes, coma o kernel 2.6.22.5, reduciu o tempo de arranque do sistema ata os 24-27 segundos, case unha redución á metade após da versión anterior; anovouse o sistema de xestión de paquetes, mellorando zypper, e aumentando a compatibilidade con yum ou smart, melloras na virtualización e introduciuse un sistema de instalación chamado 'one click', 'un click'. Este sistema one click permite a instalación sinxela de aplicacións ou conxuntos de aplicacións dende internet dun xeito sinxelo, solicitado por parte do usuario pouco máis ca un clic. O sistema nútrese de enlaces web específicos que fan que se lance a aplicación de instalación e se instalen as aplicacións que o enlace web indica. Dende esta versión, openSUSE.org mantén un portal web no que se poden procurar estes enlaces que permiten instalar calquera paquete existente para a distribución. Nesta versión ademais, incorporase por primeira vez soporte legal para o formato privado mp3 a través de Fluendo. Entre os cambios nas interfaces, dos cales o máis aparente é o novo aspecto xeral para a distribución; aparecen reodenacións na interface na ferramenta de xestión do sistema e de software, YaST, vindo por primeira vez tamén en versión GTK, incorpórase o escritorio KDE 3.5.7 co menú KickOff e con aplicacións de KDE4 e tamén GNOME 2.20 co menú SLAB. Tamén destacable, a versión trae o sistema de xestión de ventás Compiz e Compiz Fusion. Mais, a versión 10.0 de openSUSE foi a primeira en dispor dunha copia completa instalable do novo escritorio KDE 4, inda que non for a predefinida para a instalación de KDE e estivera destinada a ser unha previsualización técnica deste escritorio[10].

Series 11[editar | editar a fonte]

openSUSE 11.0[editar | editar a fonte]

Opensuse 11.0 foi lanzado o 19 de Xuño de 2008. A primeira das versións desta serie inclúe os escritorios GNOME 2.22, Xfce e tanto o KDE 3.5.9 coma KDE 4.0, que son ofrecidos a escolla de par durante a instalación. Ademais dun novo kernel, neste caso na versión 2.6.25, actualizase a OpenOffice 2.4, Mozilla Firefox 3.0, NetworkManager 0.7, Banshee 1.0, Compiz Fusion e inclúese o servidor de son Pulseaudio. Entre as melloras destaca un mellorado sistema de instalación zypper que aumenta a súa velocidade, ó igual ca YaST2 que inclúe unha remodelación da interface, especialmente na versión para KDE pois para este foi portado a Qt4[11]. Destaca desta versión a mellora na interface da instalación e na simplificación do proceso que como promedio tarda un 20 minutos en realizar unha instalación completa dende a versión de DVD, o cal reduce en case a tercia a velocidade de instalación anterior.

Esta versión de openSUSE foi en xeral aplaudida pola mellora no sistema de instalación, destacando unha maior rapidez, a integración visual do sistema, e a implementación de KDE4, que é considerada das mellores[12][13].

openSUSE 11.1[editar | editar a fonte]

Esta versión de openSUSE é a segunda no 2008, lánzase o 18 de Decembro, e brinda actualizacións ó principais paquetes do sistema.

  • Actualiza o kernel de Linux á versión 2.6.27.7
  • X.org 7.4, Glibc 2.9, Python 2.6, Perl 5.10 e Mono 2.20
  • Inclúe os principais ambientes de escritorio nas súas últimas versións: GNOME 2.24, KDE 4.1.3 . Inclúe ademais a actualización 3.5.10 da serie anterior de KDE así coma outros escritorios coma XFCE
  • Suite ofimática OpenOffice 3.0 e KOffice 1.6
  • Mozilla Firefox 3.0
  • Substitúe fontes tipográfica privativas polas fontes Liberation
  • Inclúe openJDK, unha implementación libre de Java

Con respecto da versión anterior, mellorase a instalación, facéndoa máis directa e intuitiva pois reorganízanse diferentes etapas do proceso; diminúe o tempo de acendido do sistema e apagado.

openSUSE 11.2[editar | editar a fonte]

Características[editar | editar a fonte]

Entre as diferentes características de openSUSE destacan:

  • AppArmor: sistema de protección do sistema, ofrece permisos a determinadas aplicacións en función de como interactúan co sistema.
  • YaST: sistema de control do sistema que openSUSE emprega como Centro de Control integrado. Abarca dende a configuracións do sistema, a detección e configuración de hardware, a instalación e xestión de software, o control e xestión de usuarios e firewall á virtualización e control e manexo de redes.
  • Xen, VirtualBox, KVM e Qemu: software de virtualización.
  • KDE: ambiente de escritorio. openSUSE ofrece unha boa impletentación de KDE4.
  • GNOME: entorno de escritorio. Modificado de xeito característico, co menú SLAB
  • Compiz Fusion: ofrece escritorios 3D baseados en Xgl ouAIGLX.
  • Beagle: motor de procura de escritorio.
  • OpenOffice.org: paquete ofimático.

Internacionalización do Proxecto[editar | editar a fonte]

O proxecto openSUSE mantén un sistema de localización. Dentro do proxecto openSUSE existen rexistrados 50 equipos de tradución da interface gráfica a linguas de todo o mundo. Inda que o traballo destes equipos varía, openSUSE está dispoñíbel nas linguas de máis uso do planeta, coma o chinés, o xaponés, portugués, o castelá ou o alemán[14]. Existe o proxecto de tradución de openSUSE ó galego, composto por voluntarios, enmarcado dentro do Proxecto Trasno. Na versión 11.0 conseguiu acadar o 39% do que é un proxecto grande. Na versión 12.1 a tradución chegou ata o 90%. A participación no Proxecto Trasno, para traducir openSUSE é libre[15].

OpenSUSE mantén ademais en diferentes idiomas o portal web do proxecto grazas á colaboración de voluntarios.

Estatísticas de Uso[editar | editar a fonte]

Segundo a última enquisa realizada polo proxecto entre os seus usuarios atópase que a meirande parte dispón dunha conexión a internet de banda ancha e soen combinar o sistema nun dual boot con Windows, sendo a meirande parte destes coa versión Windows XP e non Windows Vista. Unha maioría cualificada dos usuarios usan o ambiente de escritorio KDE fronte as alternativas, coma GNOME, e xa o 40% destes empregan a nova serie KDE 4[16].

Histórico de versións[editar | editar a fonte]

Nome do proxecto Versión Data da versión Versión de Kernel
S.u.S.E. Linux

(Baseada en Slackware)

3/94 1994-03-?? 1.0.0
7/94 1994-07-?? 1.0.9
11/94 1994-11-??  ?.?.?
4/95 1995-04-?? 1.2.9
8/95 1995-08-??  ?.?.?
11/95 1995-11-?? 1.2.13
S.u.S.E. Linux 4.2 1996-05-?? 1.2.13
4.3 1996-09-?? 2.0.18
4.4 1997-05-?? 2.0.29
5.0 1997-07-?? 2.0.30
5.1 1997-10-?? 2.0.32
5.2 1998-03-23 2.0.33
5.3 1998-09-10 2.0.35
SuSE Linux 6.0 1998-12-21 2.0.36
6.1 1999-04-07 2.2.6
6.2 1999-08-12 2.2.10
6.3 1999-11-25 2.2.13
6.4 2000-03-09 2.2.14
7.0 2000-09-27 2.2.16
7.1 2001-01-24 2.2.18
7.2 2001-06-15 2.4.4
7.3 2001-10-13 2.4.9
8.0 2002-04-22 2.4.18
8.1 2002-09-30 2.4.19
8.2 2003-04-07 2.4.20
SUSE Linux 9.0 2003-10-15 2.4.21
9.1 2004-04-23 2.6.4
9.2 2004-10-25 2.6.8
9.3 2005-04-16 2.6.11
10.0 2005-10-06 2.6.13
10.1 2006-05-11 2.6.16
10.1 remastered[17] 2006-10-13 2.6.16
openSUSE 10.2 2006-12-07 2.6.18
10.3 2007-10-04 2.6.22
11.0 2008-06-19 2.6.25
11.1 2008-12-18 2.6.27
11.2 2009-11-12 2.6.31
11.3 2010-07-15 2.6.34
11.4 2011-03-10[18] 2.6.37
12.1 2011-11-16[19] 3.1
12.2 2012-09-05[20] 3.4
12.3 2013-03-13[21] 3.7
13.1 2013-11-00[22]  ?

Cor Significado
Vermello Versión sen soporte
Verde forte Versión mantida por Evergreen project
Verde Versión con soporte
Azul Futura versión


Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]