Multimedia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Multimedia é unha combinación de formas de contido:

Image:Crystal_Clear_action_playlist.png
Image:Crystal_Clear_app_kaboodle.png
Texto
Son
Imaxe
Image:Crystal_Clear_app_aktion.png
Image:Crystal_Clear_app_camera.png
Animación
Vídeo
Interactividade

Multimedia é un termo que se aplica a calquera obxecto que usa, simultaneamente, diferentes formas de contido informativo como texto, son, imaxe, animación e vídeo para informar ou entreter o usuario. Tamén se pode cualificar como multimedia os medios electrónicos (ou outros medios) que permiten almacenar e presentar contido multimedia.

O concepto multimedia é algo similar ao empleo tradicional de medios mistos nas artes plásticas, pero cun alcance máis amplo. Fálase de multimedia interactiva cando o usuario ten certo control sobre a presentación do contido, como o que desexa ver e cando desexa velo. Tamén existe o concepto de hipermedia, que pode considerarse como unha forma especial de multimedia interactiva que emplea estruturas de navegación máis complexas, que aumentan o control do usuario sobre o fluxo da información. Este concepto é tan antigo como a comunicación humana, xa que ao expresarnos nunha charla normal falamos (son), escribimos ou lemos (texto), observamos ao noso interlocutor (vídeo) e facemos xestos e movementos coas mans e o resto do corpo (o que entraría dentro da animación). Co éxito das aplicacións multimedia para ordenador este termo entrou a formar parte da linguaxe habitual.

Cando un programa de ordenador, un documento ou unha presentación combina adecuadamente os medios, mellórase notablemente a atención, a comprensión e a aprendizaxe, xa que se acercará algo máis á maneira habitual en que os seres humanos nos comunicamos cando empleamos varios sentidos para comprender un mismo obxecto ou concepto.

Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
(De ser posíbel, será mellor substituír este marcador por outro máis específico)
Ferramentas persoais
Outras linguas