Trisquel GNU/Linux
| Desenvolvedor | Comunidade de Trisquel e Sognus Ltd |
| Familia de S.O. | GNU |
| Modelo de desenvolvemento | Software libre |
| Núcleo | Linux Libre |
| Tipo de núcleo | Monolítico |
| Licenza | Licenzas software libre |
| Última versión estable | 5.5[1] (16 de Abril de 2012) |
| Estado actual | Ceibe |
| Sitio web | trisquel.info |
Trisquel GNU/Linux é un proxecto de desenvolvemento de software iniciado pola Universidade de Vigo, e que ten como obxectivo a creación dun sistema operativo de propósito xeral, empregando exclusivamente software libre. Atópase dispoñíbel en inglés, galego, castelán, catalán, éuscaro. A última versión, Dwyn, inclúe ademais soporte para francés, chinés, e hindi; optouse así mesmo por substituír o galego como idioma por defecto polo inglés.
O nome de Trisquel provén do coñecido símbolo celta tríscele (triskelion), que está conformado por tres espirais unidas en eixo. O logotipo desta distribución está feito con tres espirais de Debian unidas, como recoñecemento ao proxecto no que esta distro se basea.
O proxecto naceu en 2004 co apoio da Universidade de Vigo e foi oficialmente presentado en abril do 2005 con Richard Stallman, fundador do proxecto GNU, como invitado de honra. Comezouse a desenvolver a partir do proxecto Debian mais no lanzamento 2.0 cambiou os repositorios polos de Ubuntu, xa que está distribución ten plano de traballo mellor definido. O proxecto cocha seus propios repositorios que parten dos compoñentes Ubuntu's main e universe, mais eliminando todo software privado.
En decembro de 2008 Trisquel GNU/Linux foi incluída pola Free Software Foundation na lista distribucións GNU/Linux recomendadas logo de verificar seu compromiso tanto no uso do software 100% libre como no da súa promoción.
Índice |
Diferenzas con Ubuntu [editar]
A diferencia de Ubuntu, Trisquel GNU/Linux eliminou todos os paquetes que non fosen software libre, substituíu o kernel orixinal por unha versión libre, e incluiu así mesmo paquetes alternativos.
Edicións [editar]
Existen tres distribucións do proxecto dispoñibles para descarga. A denominada sinxelamente Trisquel está destinada a escritorio e uso persoal, Trisquel Edu sitúase no eido escolar e Trisquel Pro é a distribución feita para as PEMES. Todas elas están dispoñibles como imaxes iso para plataformas de 32 e de 64 bits. Dende a páxina oficial pódese descargar un Live-CD de cada unha delas excepto de Trisquel Pro xa que por mor do seu tamaño precisa ser gravada nun DVD-R.
Todas as edicións inclúen, entre outros, o seguinte software:
- Linux-libre
- GNOME
- Navegador Trisquel (baseado en Mozilla)
- GIMP
Trisquel [editar]
A principal edición da distribución está deseñada para uso "caseiro", incluindo soporte para redes, multimedia, deseño, oficina e desenrrolo informático así coma varios xogos. Inclúe soporte e recursos para facer traballar DVD's e a maioría dos formatos de audio e video por defecto.
Trisquel Edu [editar]
O 21 de setembro de 2008 foi ceibada a primeira candidata para esta ferramenta educacional. Estaba baseada nas experiencias previas do proxecto no eido da ensinanza -debido ao seu vencellamento ao mundo universitario as primeiras versións de Trisquel incluían un bo feixe de ferramentas científicas, de enxeñería e tamén especificamente de ensinanza. Inclúe soporte para pizarras dixitais de baixo custo que usan proxectores LCD e o control remoto da Nintendo Wii e software gratuito específico que permite ser utilizado no canto de outras solucións de hardware máis custosas.
Trisquel Pro [editar]
Trisquel Pro é un sistema operativo destinado a pequenas empresas. Inclúe un conxunto de programas para xestión da empresa como Abanq, OpenbravoPOS e GnuCash entre outros. A escolma de aplicacións está complimentada con varias ferramenteas versatis (all-purpose) que inclúen un firewall en modo gráfico, antivirus para escanear as particións Windows, e o Wine. Foi ceibado oficialmente na feira SIMO en novembro do 2007.
Lanzamentos [editar]
| Lenda: | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| sen soporte | versión actual | en desenvolvemento | |||
| Versión | Nome | Data de lanzamento | Tipo | Soporte ata | Base |
|---|---|---|---|---|---|
| 0.9 | Fyre | 10 de outubro de 2004 | Debian Unstable | ||
| 0.95 | Ogmios | 6 de marzo de 2006 | Debian Unstable | ||
| 0.97 | Morrigan | 6 de xullo de 2006 | Debian Unstable | ||
| 0.99 | Nemain | 15 de xaneiro de 2007 | Debian Unstable | ||
| 1.0 | Arianrhod | 30 de xaneiro de 2007 | Debian 4.0 Etch | ||
| 1.5 | Sirona | 25 de outubro de 2007 | Debian Unstable | ||
| 2.0 | Robur | 24 de xullo de 2008 | LTS | Ubuntu 8.04 (hardy) | |
| 2.1 | Robur | 18 de decembro de 2008 | LTS | Ubuntu 8.04 (hardy) | |
| 2.2 | Robur | 8 de agosto de 2009 | LTS | Ubuntu 8.04 (hardy) | |
| 3.0 | Dwyn | 11 de setembro de 2009 | STS | Ubuntu 9.04 (jaunty) | |
| 3.5 | Awen | 22 de marzo de 2010 | STS | Ubuntu 9.10 (karmic) | |
| 4.0 | Taranis | 18 de setembro de 2010 | LTS | Ubuntu 10.04 (lucid) | |
| 4.5 | Slaine | 24 de marzo de 2011 | STS | Ubuntu 10.10 (maverick) | |
| 5.0 | Dagda | 17 de setembro de 2011 | STS | Ubuntu 11.04 (natty) | |
| 5.5 | Brigantia | 16 de abril de 2012 | STS | Ubuntu 11.10 (oneiric) | |
| 6.0 | Toutatis | LTS | Ubuntu 12.04 (precise) |
Notas [editar]
- ↑ "Lanzamento de Trisquel 5.5 STS Brigantia". https://trisquel.info/gl/lanzamento-de-trisquel-55-sts-brigantia. Consultado o 09-09-2012.