BitTorrent
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Capa de Aplicación | HTTP, HTTPS, SMTP, FTP, SSH, SNMP, IRC,NNTP, POP3, IMAP, Telnet, BitTorrent, IRC,... |
| Capa de Transporte | TCP, UDP, SCTP, RTP, DCCP,... |
| Capa de Rede | Protocolo IPv4, Protocolo IPv6, ARP, ICMP,... |
| Capa de Ligazón | Ethernet, 802.11 WiFi, Token ring, FDDI, PPP,... |
| Capa Física | RS-232, EIA-422, RS-449, EIA-485,... |
| editar | |
BitTorrent é un protocolo de distribución de arquivos entre pares (peer to peer ou P2P) creado polo programador estadounidense Bram Cohen e que se deu a coñecer na Codecon 2002. A primeira ferramenta que implementaba tal protocolo está escrita en Python e está publicada baixo a licenza MIT.
[editar] Breve transfondo
BitTorrent gañou a súa fama ao permitir que moita xente descargue os mesmos arquivos sen ralentizar uns aos outros a transferencia. Para lograr isto forza a todos os descargadores a compartir as partes que teñen dos arquivos con outros descargadores, de modo que cada membro dun enxame contribue á distribución do contido.