Píntega común
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A píntega común (Salamandra salamandra) é un anfibio urodelo común en Europa con preferencia por hábitats acuáticos de media e alta montaña, ecoloxicamente pouco alterados.
Localización e características [editar]
Normalmente sae do seu acocho cando o tempo é frío e húmido. Adoita ser vista nos camiños, as veces agóchase baixo as pedras. A súa lonxitude é de 20 cm como máximo.
É doado recoñecelas pola cor da pel, negra con pintas amarelas. Para evitar seren atacadas por outros animais, a súa pel conten pequenas cantidades de substancias tóxicas.
A píntega común ten unha subespecie de seu en Galicia, a Salamandra salamandra gallaica.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha da pinterga común, no Ministerio de Medio Ambiente (pdf) (en castelán)
- Completa páxina sobre a salamandra (en castelán)
- Salamandras con pedigrí, nova sobre a presenza das mesmas no Parque nacional das Illas Atlánticas