KDE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
KDE
KDE Plasma 5.16
Desenvolvedor(es)Proxecto KDE
Última versiónKDE Framework 5.31.0, Plasma 5.9, KDE Applications 16.12
(31 de xaneiro de 2017 (Plasma 5.9))
Sistema operativoMultiplataforma
Lingua/sVarias
Galego: OK
TipoContorno de escritorio
LicenzaGPL, LGPL, BSD e outras
Sitio webkde.org

KDE é unha comunidade internacional de programadores, tradutores, deseñadores gráficos, escritores de documentación etc. que colaboran no desenvolvemento e distribución de software libre para computadores de sobremesa e outros dispositivos.

A comunidade[editar | editar a fonte]

KDE é unha gran comunidade aberta a novos membros que amplía as súas filas continuamente. Calquera persoa coas habilidades necesarias para realizar algún dos traballos da comunidade (desenvolvemento, tradución etc.) pode unirse facilmente.

Infraestrutura[editar | editar a fonte]

KDE conta cunha forte infraestrutura e recursos na rede, entre os que cabe mencionar os seus foros, roldas de correo, canles IRC etc.

Produtos[editar | editar a fonte]

Artigo principal: KDE Software Compilation.

Para os sistemas tipo Unix (coma GNU/Linux) KDE produce unha suite completa de programas para o ambiente de traballo, é dicir, todo canto é necesario a día de hoxe para sacarlle partido a un sistema operativo. Entre os seus compoñentes están Plasma, unha interface de escritorio innovadora que permite personalizar facilmente o escritorio e se adapta a todo tipo de dispositivos. Ademais, inclúe programas para configurar o contorno de escritorio, iniciar outros programas, xestionar o hardware etc. O lote completo só está dispoñible para os sistemas tipo Unix, pero algúns programas están tamén dispoñibles para outros sistemas operativos.

Ademais do escritorio, KDE produce numerosos programas clave adicionais coma Konqueror (navegador web), Dolphin (xestor de ficheiros) ou Kontact (xestión da información persoal). Pero por suposto, o software desenvolvido por KDE inclúe outros tantos programas para todos os ámbitos da informática, entre eles programas para a comunicación, o traballo de oficina, a educación, a ciencia, o desenvolvemento e mailo entretemento.

Asemade, KDE produce unha plataforma ideal para o desenvolvemento de software, fornecendo unha serie de bibliotecas aos desenvolvedores que permiten aumentar facilmente as funcionalidades dos programas desenvolvidos, ao tempo que reduce a carga de traballo do programador.

Soporte legal e económico[editar | editar a fonte]

En temas legais e económicos, a comunidade apóiase na asociación KDE e.V. a nivel internacional, ou na KDE España en dito país. KDE Software Compilation