Pidgins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pidgin")

Pidgins ou lingua de contacto é o nome dado a calquera lingua que é creada, normalmente de forma espontánea, dunha mestura doutras linguas, e serve de medio de comunicación entre os falantes de diferentes linguas. Os pidgin teñen normalmente gramáticas rudimentarias e un vocabulario restrinxido, servindo como linguas de contacto auxiliares. Son improvisadas e non son aprendidas de forma nativa.

Os pidgins poden desenvolverse e tornárense linguas crioulas. Para tal o pidgin terá que ser aprendido de forma nativa por nenos, que entón xeneralizan as características dun pidgin para unha gramática, completa e estabilizada. Neste estado a lingua xa non é un pidgin, e adquiriu a complexidade común dunha lingua humana, e tornouse un crioulo. Estes crioulos substitúen os pidgin como forma de comunicación, como acontece cos crioulos de Cabo Verde ou da Guinea-Bisau. Con todo, os pidgins nin sempre se tornan en crioulos, poden morrer ou tornárense obsoletos.

O concepto é orixinario da Europa entre os comerciantes e negociantes do Mediterráneo na Idade Media, que usaban a Lingua franca ou Sabir. Un pidgin ben coñecido é o de Beachla-Mar dos Mares do Sur, baseado en inglés, mais incorporou palabras malaias, chinesas e portuguesas. Un outro exemplo de hoxe en día, é o "Pequeno portugués" de Angola, que é a forma de comunicación entre etnias que falan linguas diferentes.

A creación dun pidgin require normalmente:

  • Contacto regular e prolongado con comunidades lingüísticas diferentes;
  • A necesidade de comunicación;
  • A ausencia dunha lingua franca espallada e/ou accesíbel.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra deriva probabelmente da pronuncia chinesa para a palabra inglesa "business" (negocio). "Pidgin English" era o nome dado ao pidgin chinés-inglés-portugués usado para o comercio en Cantón durante os séculos XVIII e XIX. Algúns académicos disputan esta derivación da palabra "pidgin", e suxiren etimoloxías alternativas, mais ningunha alternativa foi suficientemente convincente para ter apoio entre outros académicos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]