Licenza de documentación libre de GNU
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "GFDL")
Logo de GNU (un Ñu estilizado).
A Licenza de Documentación Libre de GNU (GNU Free Documentation License, GFDL) é unha licenza copyleft para contido libre. Foi creada pola Free Software Foundation (FSF, "Fundación para o software libre") para o proxecto GNU.
Esta licenza foi deseñada para a documentación do software e outros documentos de axuda. A licenza estipula que calquera copia dos documentos, inclusive se é modificada, sempre levará a mesma licenza. Os documentos poden ser vendidos, pero sempre se facilitará a forma de poderen ser editados.
Todos os artigos da Wikipedia están baixo a versión 1.2 (que é a ultima que saíu) desta licenza.