Knoppix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Knoppix logo.svg
  Knoppix
Knoppix 6.0.1.png
Knoppix (6.0.1).
Desenvolvedor Klaus Knopper
Familia de S.O. Linux
Lanzamento
En galego
Espazo de usuario
Interface de usuario
Modelo de desenvolvemento Software libre
Núcleo Linux
Tipo de núcleo Monolítico
Licenza GPL
Última versión estable 7.0.4 (22 de agosto de 2012)
Estado actual En desenvolvemento
Precedido por
Sucedido por
Sitio web knoppix.org

Knoppix é unha distribución de GNU/Linux bastante popular creada polo alemán Klaus Knopper en 2002. Knoppix está baseada en Debian e execútase directamente dende un CD/DVD sen usar o disco duro ou instalar ningún ficheiro nel. Knoppix usa o ambiente gráfico KDE, pero existe unha versión con Gnome chamada Gnoppix.

Características[editar | editar a fonte]

Árbore de distros de Knoppix.

A popularidade de Knoppix débese a varios factores. A súa magnífica detección de hardware permite que se arrinque directamente un ambiente gráfico na maioría das máquina sen necesidade de configuración ningunha. Conéctase automaticamente á maioría dos tipos de redes, e inclúe software tanto para uso normal (especialmente navegadores web, a suite informática OpenOffice.org, e o programa de retoque fotográfico GIMP) coma para a reparación de sistemas. O completo ambiente gráfico e de rede é máis cómodo cá xeración anterior de discos de arrinque para os administradores de sistemas que reparaban sistemas nos que os discos duros non arrincaban. Ademais Knoppix permite conservar os cartafoles persoais dos usuarios e a configuración do sistema despois de apagar o ordenador.

Instalación[editar | editar a fonte]

Aínda que Knoppix é unha distribución de Linux en Live CD pódese instalar no disco duro mediante un script, aínda que isto só se recomenda a usuarios avanzados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]