Economía de Suriname
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Economía de Suriname | |
|---|---|
| Moeda | Dólar de Surinam |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Caricom, Unasur |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 4 274 millóns (2009) |
| Posición do PIB | 163ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | -2,2% (2009) |
| PIB per cápita | $ 9.000 (2009) |
| PIB por sector | agricultura 10,8%, industria 24,4%, comercio e servizos 64,8% (2005) |
| Inflación | 6,4% (2009) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 70% (2002) |
| Total da forza de traballo | 165.600 (2007) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 8%, industria 14%, comercio e servizos 78% (2004) |
| Desemprego | 9,5% (2004) |
| Industrias | minaría de bauxita e ouro, produción de alumina; petróleo, extración de madeira, procesamento de alimentos, pesca |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 1.391 millóns (2006) |
| Produtos de exportación | alumina, petróleo crudo, madeira beneficiada, camarón e peixe, arroz, bananas |
| Principais mercados | Canadá 36,1%, Bélxica 12,5%, Noruega 12,4%, Emiratos Árabes Unidos 8,9%, Estados Unidos 7,7% (2008) |
| Importacións | 1.297 millóns (2006) |
| Principais produtos importados | equipamentos industriais, petróleo, algodón, bens de consumo |
| Principais mercados | Estados Unidos 31,1%, Países Baixos 15,5%, Trindade e Tobago 14,1%, República Popular de China 7,7%, Xapón 6,4% (2008) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 504,3 millóns (2005) |
| Receitas | 392,6 millóns (2004) |
| Despesas | 425,9 millóns (2004) |
A economía do Suriname está dominada pola minería -especialmente do aluminio- que responde por máis de un terzo do Produto interno bruto e restrinxe as rendas do goberno conforme os prezos internacionais do produto. As perspectivas a curto prazo da economía dependen da habilidade do goberno en controlar a inflación e no desenvolvemento de proxectos nos sectores de minería de bauxita e ouro. No medio prazo depende de políticas fiscais e monetarias responsábeis, e na introdución de reformas estruturais para liberar os mercados e promover a competición.
O país tamén é membro do Caricom, e exporta arroz, camarón, madeira, banana, froitas e vexetais. O goberno non consegue regular a minería do ouro, e esta alimenta a economía informal.