Paramaribo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 5°52′N 55°10′W / 5.867°N 55.167°W / 5.867; -55.167

Paramaribo
Paramaribo-Waterkant.jpg
Situación xeográfica
Paramaribo en Suriname
Paramaribo
Paramaribo
País Flag of Suriname.svg Suriname
Distrito Distrito de Paramaribo
Xeografía
Altitude 3 msnm
Superficie 182 km2 km²
Poboación
Poboación 240.924 hab. (2010)
Densidade 1.300 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde
Páxina web

Paramaribo (coloquialmente Par'bo) é a capital de Suriname. Está situada no distrito homónimo ás beiras do río Suriname, a uns 15 km da costa. A súa poboación é de arredor de 250.000 habitantes, o que representa a metade da poboación do país. En 2002 foi declarada Patrimonio da Humanidade.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade, fundada polos holandeses, foi conquistada polos británicos en 1630, tornándose en 1650 na capital da nova colonia inglesa. Porén, en anos sucesivos houbo cambios na posesión da cidade entre holandeses e británicos, mais Paramaribo ficou finalmente baixo poder holandés desde 1815 até a independecia de Suriname en 1975.

A maioría dos seus habitantes son indios asiáticos inmigrados, xunto con amerindios, descendentes de africanos, de procedencia indonesia (illa de Xava) e mais descendantes dos holandeses.

No mes de xaneiro de 1821, un furioso incendio arrasou a cidade, destruíndo máis de 400 casas e outras edificacións. Un segundo incendio en 1832, destruíu 46 vivendas.

Economía[editar | editar a fonte]

As actividades económicas principais móvense arredor da exportación de materias primas e produtos semielaborados, principalmente ouro, bauxita, cana de azucre, azucre, arroz, cacao, café, ron e madeira tropical.

Cultura[editar | editar a fonte]

Paramaribo é a sede da única universidade de Suriname, a Anton de Kom, que conta con 3 facultades e 16 escolas.

Catedral, edificada totalmente de madeira
Rúa con casas de estilo colonial en Paramaribo

Naturais célebres[editar | editar a fonte]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Numerosos deportistas nacidos na recente cidade colonial acabaron defendendo as cores dos Países Baixos, especialmente como futbolistas; tales son, por exemplo: Clarence Seedorf, Edgar Davids, Aron Winter, Jimmy Floyd Hasselbaink ou Henk Fräser.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Paramaribo