Teatro Bolshoi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teatro Bolshoi
Fachada do teatro.
Vista da fachada en 2012.
Enderezo Praza Teatralnaya, 1
Cidade Moscova
País Rusia Rusia
Coordenadas 55°45′37″N 37°37′07″E / 55.760278°N 37.618611°E / 55.760278; 37.618611Coordenadas: 55°45′37″N 37°37′07″E / 55.760278°N 37.618611°E / 55.760278; 37.618611
Arquitecto/s Joseph Bové
Inauguración 18 de xaneiro de 1825
Reapertura 28 de outubro de 2011
Páxina web bolshoi.ru
Moscow Bolshoi Theatre.jpg

O Teatro Bolshoy (Большо́й теа́тр, [bʌlʲ 'ʃɔj tʲɪ'atr], en galego pronunciaríase coma balxoi) é tanto un teatro como unha Compañía de teatro, danza e ópera con sede en Moscova, Rusia, e unha unidade adicional en Joinville, Brasil. A palabra Bolshoy significa "grande" en ruso.

A compañía foi fundada en 1776 por Peter Urussov e Michael Maddox. Despois de tres anos de se presentar nun recinto privado, adquiriu o teatro Petrovsky, onde durou ata o incendio que destruíu o edificio en 1805.

O edificio que actualmente funciona como sede foi construído en 1825 sobre os restos do teatro Petrovsky, deseñado polo arquitecto Ossip Ivanovitch Bovet. Este teatro é, despois da Scala, o maior teatro de Europa.

Nun principio, o Teatro Bolshoy era un foro exclusivo para a arte rusa; as óperas presentadas servían como contrapeso á forte influencia italiana do século XIX. Entre os compositores predilectos estaba Mijaíl Glinka. Actualmente, toda tempada teatral comeza cunha ópera de Glinka.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Teatro Bolshoi