Portal:Ballet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ballet

editar

Snowdance.jpg

O ballet ou danza clásica é un xénero dramático cuxa acción se representa por medio de pantomimas e danzas. É, tamén, o nome específico dado a unha forma concreta de danza e a súa técnica. Segundo as épocas, os países ou as correntes o espectáculo coreográfico pode incluír ademais de danza e música (de orquestra e coral), mímica, texto, decorados e maquinaria. Tamén se utiliza o termo ballet para designar á peza musical composta para que ser interpretada por medio da danza. O ballet está considerado como unha das artes escénicas.

O ballet pode ser unha peza autónoma, mais tamén se pode intercalar entre as escenas dunha ópera ou dunha obra de teatro a modo de divertimento.

Artigo destacado

editar

Les adieux de Manuel Legris à l'Opéra Garnier 2.jpg
O Ballet de l'Opéra National de Paris (en galego Ballet da Ópera Nacional de París) é unha compañía de ballet da cidade de París (Francia). Trátase da compañía de ballet nacional máis antiga do mundo, e moitas compañías de ballet europeas e internacionais poden remontar as súas orixes a el. Sempre foi unha parte integral da Opéra de Paris, que foi fundada en 1669 como a Académie d'Opéra (Academia da Ópera), aínda que a danza teatral non se converteu nun compoñente importante da Opèra de Paris ata 1673, logo de que fora renomeada como Académie Royale de Musique (Academia Real de Música) e posta baixo a dirección de Jean-Baptiste Lully. A Opéra de Paris tivo diferentes nomes oficiais ao longo da súa historia, mais dende 1994 é chamada Opéra National de Paris (Ópera Nacional de París). A principal sede da compañía é o Palais Garnier.

A compañía divídese en cinco rangos inmutables, que son os seguintes dende o nivel máis baixo: quadrille, coryphée, sujet, premier danseur e étoile. Os tres niveis máis baixos constitúen o corps de ballet. Algúns bailaríns famosos que formaron parte da compañís foron: Yvette Chauviré, Sylvie Guillem, Emma Livry e Marie Taglioni.

Imaxe destacada

editar

Emily Smith - La Belle, Aurore - Prix de Lausanne 2010-3.jpg
Bailarina en attitude.
Vexa o artigo Glosario do ballet
Personalidade destacada

editar

Karsavina.jpg
Tamara Platonovna Karsávina (en ruso Тамара Платоновна Карсавина), nada o 10 de marzo de 1885 en San Petersburgo (actualmente en Rusia e daquela no Imperio Ruso) e finada o 26 de maio de 1978 en Beaconsfield (Inglaterra), foi unha bailarina rusa. Despois de instalarse en Hampstead (Inglaterra), comezou a ensinar ballet profesionalmente e foi recoñecida como un dos fundadores do ballet británico moderno. Participou na creación do Royal Ballet e foi un dos membros fundadores da Royal Academy of Dance.

Karsávina era filla do bailarín principal do Ballet Imperial e instructor na Escola Imperial de Ballet Platon Konstantinovich Karsavin. Tras formarse na Escola Imperial converteuse na bailarina principal do Ballet Imperial e tras deixar Rusia e instalarse en Londres, Karsávina seguiu a colaborar cos Ballets Russes de Sergei Diaghilev en París, formando parella con Vaslav Nijinsky. En 1931 puxo fin á súa carreira, pasando a adicarse ao ensino da danza ata 1955.

Sabías que...
Categorías

editar

Queres atopar artigos relacionados co ballet? Proba buscando nas seguintes categorías:

Contido relacionado