James Horner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

James Roy Horner, nado o 14 de agosto de 1953[1] é un compositor, director e orquestrador estadounidense de música de orquestra e bandas sonoras. Caracterízase pola integración de elementos corais e electrónicos en moitas das súas bandas sonoras, e un frecuente uso de elementos musicais celtas. Compuxo a banda sonora do filme de 1997 Titanic que se converteu na banda sonora orquestral máis vendida de tódolos tempos.[2][3]

Ademais, Horner compuxo para arredor de 100 filmes, colaborando frecuentemente con directores como James Cameron e Ron Howard. Outras bandas sonoras polas que é coñecido son Commando, Braveheart, Willow, Apollo 13, Star Trek II: The Wrath of Khan, Cocoon, Legends of the Fall, Aliens, Glory, A máscara do Zorro, Field of Dreams, Enemy at the Gates, Casper, Troia, Bicentennial Man, The Rocketeer, A Beautiful Mind, Mighty Joe Young, The Perfect Storm, Avatar, e máis recentemente, The Amazing Spider-Man.

Horner gañou dous Premios Oscar, dous Globos de Ouro, tres Premios Satellite, tres Premios Saturn, e foi nomeado por tres Premios da British Academy Film. A principal influencia de Horner é Dimitri Shostakovich.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Clemmensen, Christian. "James Horner (1953-)". Filmtracks.com. http://www.filmtracks.com/composers/horner.shtml. Consultado o 21 May 2012.
  2. USA Today coverage of Horner's work
  3. Clemmensen, Christian (18 November 1997, Revised 16 April 2012). "Titanic (James Horner)". Filmtracks.com. http://www.filmtracks.com/titles/titanic.html. Consultado o 21 May 2012.