Ámbito metropolitano de Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Ámbito metropolitano de Barcelona

O Ámbito metropolitano de Barcelona (en catalán: Àmbit metropolità de Barcelona) é un dos sete ámbitos funcionais territoriais (AFT) definidos no Plan territorial xeral de Cataluña, para un hipotético desenvolvemento da Comunidade Autónoma en vigairías.

É un área xeográfica de alta densidade de poboación situada no centro-leste de Cataluña, ao redor da capital da comunidade autónoma. Segundo a definición oficial desta veguería, a súa poboación a 1 de xaneiro de 2010 era de 5.012.961 habitantes, nunha superficie de 3.236 km² e cunha densidade de poboación de 1.549 hab/km².[1] Trátase dunha definición máis extensa do área metropolitana de Barcelona.

Intégrano as comarcas de Alt Penedès, Baix Llobregat, Barcelonès, Garraf, Maresme, Vallès Occidental e Vallès Oriental, é dicir, o conxunto formado pola cidade de Barcelona e a súa área de influencia en termos económicos e de mercado de traballo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 41°29′53″N 2°07′23″E / 41.498°N 2.123°E / 41.498; 2.123