Río Ripoll
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Río Ripoll | |
|
{{{lenda}}} |
|
| País | España |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Serra de Granera (Barcelona) |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 39,5 km |
| Caudal medio | 4 litros/s por km2 |
| Conca | n/d |
| Desembocadura | Río Besòs |
O Ripoll é un río catalán que transcurre pola provincia de Barcelona cun curso de 39,5 km. Nace na comarca do Vallès Occidental, na Serra de Granera, e desemboca no Río Besòs, no concello de Montcada i Reixac.
A súa conca travesa os concellos de Sant Llorenç Savall, Castellar del Vallès, Sabadell, Ripollet, Barberà del Vallès e Montcada i Reixac.
O caudal do Ripoll é típico do Mediterráneo, moi irregular durante todo o ano. No seu nacemento transcorre pola parte oriental do Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac. Na súa parte baixa sufriu unha gran degradación ambiental debido á industrialización desenvolvida durante a segunda metade do século XX. Actualmente existen proxectos para a súa recuperación.