Froila II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monarcas de Galicia
Reis de Galiza2.jpg

Reis suevos

Reis visigodos

Señores territoriais

Reis desde Oviedo

Reis desde León

Reis de Galicia e León

Reino de Galicia

Froila II (en castelán e asturiano Fruela) foi señor de Asturias entre 910 e 924, e rei de toda Galiza desde 924 ata 925[1].

Gobernou Asturias tras a morte de seu pai, Afonso III, e en 924, ao morrer seu irmán Ordoño II (co cal, ademais de co seu outro irmán García, conspirara para lle arrebatar o trono a seu pai), foi posto no trono na cidade de León pola nobreza e o clero, que viron nel lexitimidade suficiente, ao señor fillo de Afonso III, e irmán do finado Ordoño II.

Casou antes de 911 con súa curmá a raíña Nomilia Ximenes (tamén coñecida como Nunilo Jimena) filla do rei de Navarra Sancho Garcés e de súa muller a raíña Toda Aznárez de Aragón. Após a súa morte, o seu fillo e herdeiro Afonso Froilaz foi desposado do trono por Afonso IV, o fillo do seu irmán Ordoño II.

Tivo catro fillos:

  1. Afonso Froilaz, con Dª. Nomilia.
  2. Ordoño Froilaz, con Dª. Urraca.
  3. Ramiro Froilaz, con Dª. Urraca.
  4. Aznar Fuela, fillo bastardo.

Ascendencia[editar | editar a fonte]


Reino de Galiza

Segue a:
Ordoño II
Froila II
Precede a:
Afonso Froilaz

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Outros historiadores prefiren diferenciar entre reino de Galiza e o de León, en troques de usar o termo "rei de toda Galiza".