Serra do Xurés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neve na serra do Xurés
Picos de Fontefría na serra do Xurés

A Serra do Xurés (en portugués Serra do Gerês) é un macizo do norte de Portugal e o sur da provincia de Ourense, que forma un sistema montañoso coa serra da Peneda. Forma parte do Parque Nacional da Peneda-Gerês e do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés.

O cumio de maior altitude é o Pico da Nevosa (1548 m), xusto na Raia seca. O Alto do Borrageiro ten 1430 m.

Topónimo[editar | editar a fonte]

O Xurés e o Gerês é un topónimo que aparece como Aquis Ogerensis en manuscritos latinos como o Itinerario de Antonino (século III) e outras deturpacións posteriores deste, como Aquis Ocerensis nun texto do século VI do xeógrafo Ravera (ou Anónimo de Rávena) ou como Aquis Originis ou Oreginis. Ese topónimo de Aquis Ogerensis procedería dun hidrónimo prelatino Ogerense, ou Ugerense, e deu lugar aos termos medievais Ogeres ou Ugeres.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Navaza, Gonzalo (2004). Universidade da Coruña, eds. "Os topónimos Acea de Ama e O Xurés". Revista Galega de Filoloxía 5: 141–162. ISSN 1576-2661. doi:10.17979/rgf.2016.17.0.1873. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.