Urraca de Zamora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Urraca de Zamora, segundo un gravado da revista Zamora Ilustrada de 1882.

Urraca Fernández, coñecida como Urraca de Zamora, nada en León en 1033 e finada na mesma cidade en 1101, foi una infanta de León.

Filla primoxénita de Fernando I de León e da súa esposa, a raíña Sancha, herdou a praza de Zamora tras o reparto realizado por seu pai antes de falecer.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A herdanza de Fernando I o Magno[editar | editar a fonte]

O rei Fernando repartiu os seus reinos antes de morrer entre os seus cinco fillos: a Alfonso outorgoulle o reino principal, León; a Sancho concedeulle Castela; o pequeno, García, foi nomeado rei de Galicia; Elvira herdou o señorío da cidade de Toro, con consideración de reino, e Urraca herdou Zamora.

Cando Urraca comenzou a súa soberanía en Zamora, estableceu a súa residencia e fortaleza nos coñecidos como "xardíns do castelo" da cidade, nas cercanías da Catedral. Este era un castelo con catro torres, das cales se conserva a da homenaxe, recentemente restaurada para albergar o Museo Baltasar Lobo.

Foi madriña de armas de Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid Campeador, quen foi investido cabaleiro ao redor de 1060 na igrexa de Santiago de los Caballeros de Zamora. Ademais, era a irmá favorita de Afonso, ao que axudou e aconsellou para recuperar o seu reino primeiro e para gobernar despois.

Invasión castelá[editar | editar a fonte]

Ao morrer Fernando I de León, o seu fillo primoxénito, Sancho, quedou descontento co reparto feito polo seu pai e foi declarando a guerra a todos os seus irmáns, iniciando unha loita sanguenta. O primeiro coneflito deuse na chamada Guerra dos Tres Sanchos (guerra entre Sancho II de Castela, apoiado por Rodrígo Díaz de Vivar, contra Sancho Ramírez de Aragón e Sancho Garcés IV de Pamplona). Máis tarde combateu contra o seu hermano Afonso VI nunha guerra sen consecuencias e, posteriormente, aliouse con Afonso e avanzou cara Galicia para conquistar o reino de García, no ano 1071. Menos de un ano despois arrebatoulle a Afonso o seu reino coroándose rei de León e de Galicia, arrebatándolle tamén a continuación á súa irmá Elvira a cidade de Toro. Só a infanta Urraca resistía tras os muros de Zamora, converténdose na principal opoñente de Sancho II, pois o rei Afonso refuxiárase no taifa de Toledo, que posteriormente conquistaría. Sancho II puxo sitio á cidade de Zamora, durando o asedio máis de sewte meses, pero as súas murallas impediron pasar ao monarca.

Asasinato de Sancho II[editar | editar a fonte]

Mentres continuaba o asedio de Zamora, un nobre leonés, Vellido Dolfos, saíra da cidade coa intención de asasinar ao rei Sancho II. Segundo a tradición, tras dous meses infiltrado no campamento castelán e despois de trabar amizade co monarca, acompañouno a unha cabalgada de exploración na que quedou só co rei Sancho, que baixara do cabalo para satisfacer unha necesidade urxente. Aproveitado a situación, e para evitar que se defendera a súa vítima, Dolfos atravesou a Sancho coa lanza real. Unha vez cumprido o seu obxectivo cabalgou cara ás murallas de Zamora, introducíndose na cidade a través dunha portela que o romanticismo castelán nomeou "Portillo de la Traición", pero que hoxe en día se denomina "de la Lealtad" (tras aprobar o cambio de nome o pleno municipal de Zamora en 2009).

Conselleira de Afonso VI[editar | editar a fonte]

Tras a morte do seu irmán Sancho, Urraca continuou exercendo o seu señorío sobre a cidade de Zamora, así como sobre todos os mosteiros do reino, honor que compartía coa súa irmá, a infanta Elvira de Toro. Foi unha das conselleiras máis importantes de Afonso VI, ao que sempre protexeu e co que chegou a actuar na práctica como chancelleira do reino. A súa intelixencia política fíxo que gañara moitos inemigos, que utilizaron os dixomedíxomes para desprestixiala, acusándoa incluso nos romances populares de manter relacións incestuosas co seu irmán.

Dous anos antes da súa morte, dotou o mosteiro de San Pedro de Eslonza, que fora fundado polo rei García I de León.[1]

Defunción e sepultura[editar | editar a fonte]

Ao final da súa vida retirouse a un mosteiro leonés onde permaneceu até a súa morte en 1101,[1] recibindo sepultura no Panteón dos Reis de San Isidoro de León, onde xacen os seus proxenitores, así como dous dos seus irmanáns, o rei García de Galicia e a infanta Elvira de Toro.

Panteón dos Reis de San Isidoro de León.

No sepulcro de pedra no que foron depositados os restos mortais da infanta foi esculpido o seguinte epitafio latino:

H. R. DOMNA URRACA REGINA DE ZAMORA, FILIA REGIS MAGNI FERDINANDI. HAEC AMPLIFICAVIT ECCLESIAM ISTAM, ET MULTIS MUNERIBUS DITAVIT. ET QUIA BEATUM ISIDORUM SUPER OMNIA DILIGEBAT. EJUS SERVITIO SUBJUGAVIT. OBIIT ERA MCXXXVIIII... NOBILIS URRACA JACET HOC TUMULO TUMULATA HESPERIAEQUE DECUS HEU TENET HIC LOCULUS HAEC FUIT OPTANDI PROLES REGIS FREDENANDI. AST REGINA FUIT SANCTIA QUAE GENUIT CENTIES UNDECIES SOL VOLVERAT ET SEMEL ANNUM CARNE QUOD OBTECTUS SPONTE.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 (Arco y Garay, 1954, p. 187)
  2. (Arco y Garay, 1954, pp. 187-188)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arco y Garay, Ricardo del (1954): Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto "Jerónimo Zurita". Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
  • Blanco Lozano, Pilar (1987): Colección diplomática de Fernando I (1037–1065). León: Centro de Estudios e Investigación «San Isidoro» (CSIC-CECEL) e Archivo Histórico Diocesano. ISBN 84-00-06653-7.
  • Martínez Díez, Gonzalo (2004): El Condado de Castilla (711–1065). La Historia frente a la leyenda. Valladolid: Junta de Castilla y León. ISBN 84-8718-275-8.
  • Sánchez Candeira, Alfonso (1999): Castilla y León en el siglo XI. Estudio del reinado de Fernando I. Madrid: Real Academia de la Historia. ISBN 84-89512-41-8.
  • Viñayo González, Antonio (1999): Fernando I, el Magno (1035–1065). Burgos: La Olmeda. ISBN 84-89915-10-5

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]