Vermudo III
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Monarcas de Galicia |
|---|
| Reino de Galicia |
Vermudo III foi rei da Galicia altomedieval entre os anos 1028 e 1037.
Traxectoria [editar]
Fillo do rei Afonso V o Nobre e a aristócrata galega Elvira Meendiz, casou con Ximena, filla de Sancho García, conde de Castela, e irmá da esposa de Sancho III O Maior de Navarra.
Herdou o goberno de toda Galicia, con apenas 17 anos de idade, sendo recoñecido como imperator in Gallecia", é dicir, "emperador en Galicia"[1], desde a cidade de León -entón capital do reino- tivo que facer fronte ás reclamancións territoriais que o reino de Navarra mantiña sobre o condado de Castela.
Tentou por esta razón propiciar un matrimonio entre a súa irmá, Sancha co conde castelán García Sánchez. Ao ser asasinado o conde castelán nas vésperas da voda pola familia rival (a familia Vela), herda o condado de Castela o rei navarro Sancho III O Maior que o cede ó seu fillo Fernando quen remata por casar con Dona Sancha. O feito de que o xoven Vermudo III encabezase a primeira liña da carga de cabalería e morrera dunha lanzada, permitiu aos navarros e casteláns vencer na batalla de Tamarón. Coa morte de Vermudo III, o trono galego recae na súa irmá, Sancha, que sería coroada como raíña. Finalmente, o casamento de Fernando propiciará que este sexa considerado "rei consorte" de toda Galicia.
|
Vermudo III
Ordóñez
Nacemento: 1017 Falecemento: 4 de setembro 1037
|
||
| Títulos Reais | ||
|---|---|---|
| Precedido por Afonso V |
Rei de Galicia 1027–1037 |
Sucedido por Sancha I |
| Títulos Honoríficos | ||
| Precedido por Nova titulación |
Emperador de Galicia 1028–1037 |
Sucedido por Descoñecido |