Club Deportivo Ourense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ourense
Nome Club Deportivo Ourense S.A.D.
Alcume(s)
Fundación 1952
Estadio O Couto
Ourense, Galicia Galicia
Inauguración 1949
Capacidade 5.625 persoas
Propietario
Presidente Galicia Manuel Seoane Rodríguez
Adestrador Galicia Luisito
Liga 2ªB – Grupo 1
2011–12 (3ª – Grupo 1)
Vestimenta Umbro
Patrocinador Artenosa Publicidade[1]
[ Web oficial]
Na casa


Fóra


O Club Deportivo Ourense é un club de fútbol de Galicia, da cidade de Ourense. Foi fundado en 1952, logo da desaparición da Unión Deportiva Orensana, e actualmente compite na Segunda División B.

O Ourense xogou 13 tempadas na Segunda División Española, acadando o terceiro posto nas tempadas 1959/60 e 1961/62. Entre os seus títulos constan unha Copa Federación e 8 ligas de Terceira División.

Índice

[editar] Historia

[editar] Orixes

O Club Deportivo Ourense ten as súas orixes na Unión Deportiva Orensana, fundada en 1942. Ao ano seguinte logrou o ascenso á Tercera División, onde xogou até 1949, cando logrou subir á Segunda División debido a ampliación do número de equipos.[2]

A UD Orensana debutou en Segunda na tempada 1949–50 e mantívose tres campañas na división de prata, con postos na zona media da clasificación, até que descendeu na tempada 1951–52 ao rematar antepenúltimo, en 14º lugar. Ese mesmo ano chegaron á final da Copa Federación, perdendo co Real Jaén. Logo dese partido, a directiva anunciou suspensión de pagos ao non poder pagar aos xogadores, que marcharon a outros equipos. Ao non poder continuar coa xestión, a entidade desapareceu.

[editar] Nacemento do Club Deportivo Ourense

O Club Deportivo Ourense constituíuse o 10 de setembro 1952, con Jesús Díaz Varela na presidencia.[3] O club, formado con xogadores locais e afeccionados, debutou en división rexional, pero logrou o ascenso á Terceira División o primeiro ano debido a unha vacante. Tras unha primeira tempada de consolidación na categoría marcouse como obxectivo o ascenso á Segunda División.

O equipo clasificouse para as fases finais polo ascenso en tres ocasións consecutivas, acadándoo finalmente no cuarto intento na tempada 1958–59, tras derrotar ao CD Getxo. Logo de acadar o terceiro posto na tempada de debut en Segunda División, o equipo mantívose cinco anos máis na división de prata. Na campaña 1964–65 descendeu ao finalizar en penúltimo lugar do seu grupo.[4]

Nas seguintes campañas logrouse unha forte superioridade sobre os rivais nas categorías rexionais, copando as primeiras posicións do seu grupo. En 1969 conséguese o regreso á segunda división tras vencer ao Bilbao Athletic, se ben só se permaneceu alí un ano ao terminar en última posición. Regresouse de novo en 1973, permanecendo dúas campañas até un novo descenso.

[editar] Vinte anos até o ascenso

Coa introdución da Segunda División B, o CD Ourense tivo dificultades para emprender o obxectivo do ascenso e atravesou unha crise deportiva. En 1980 non puido evitar descender á Terceira División, manténdose nela até 1985. Nove anos despois, con Antonio Teixidó e José María Gómez Fuertes como adestradores, logrouse o ascenso á segunda división, tras acabar a liga en terceiro lugar e logo de eliminar na liguiña de ascenso o Real Jaén, Sestao River e Gramenet.[5] O equipo rematou a campaña 1994–95 en última posición e descendeu á Segunda B, pero regresouse en 1996, ano en que a entidade se convertiu en sociedade anónima deportiva. Durante tres tempadas o club loitou por manterse, pero na tempada 1998–99 descendeu de novo.

[editar] Actualidade

O CD Ourense intentou volver á Segunda División sen éxito. En anos posteriores as dificultades económicas mermaron o equipo, que tivo que facer varias ampliacións de capital para garantir a súa existencia. Na tempada 2007–08 os resultados na liga regular empeoraron. Malia que ese mesmo ano gañou a Copa Federación de fútbol tras impoñerse na final ao Reus, acabou 17º na clasificación do grupo I da Segunda B, polo que descendeu á Terceira División. Este feito agravou a situación económica do club, que acumulou impagos a xogadores e estivo a piques de desaparecer.[6] Porén, logrou manterse en Terceira División con xogadores galegos e da canteira. Na tempada 2011–12 resultou campión, clasificándose para a fase de ascenso como primeiro de grupo, debendo xogar contra o CD Laudio na primeira eliminatoria. Tras gañar 1-3 en terras alavesas, no partido de volta venceu por un gol, logrando así o ascenso a Segunda División B.

[editar] Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul e medias vermellas.

[editar] Estadio

Xoga no campo do Couto, con capacidade para 5.625 persoas e unhas dimensións de 105 x 70 metros.

[editar] Datos do club

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 13
  • Tempadas en 2ªB: 23 (Incluída a 2012–13)
  • Tempadas en : 24
  • Mellor posto na liga: 3º ( tempadas: 1959–60, 1961–62)
  • Peor posto na liga: 22º ( tempada 1998–99)

[editar] Historial na liga

Tempada Categoría Posto
1953/54 15º
1954/55
1955/56
1956/57
1957/58
1958/59 Green Arrow Up.svg
1959/60
1960/61
1961/62
1962/63
1963/64
1964/65 15º Red Arrow Down.svg
1965/66
1966/67
1967/68
Tempada Categoría Posto
1968/69 Green Arrow Up.svg
1969/70 20º Red Arrow Down.svg
1970/71
1971/72
1972/73 Green Arrow Up.svg
1973/74 12º
1974/75 18º Red Arrow Down.svg
1975/76
1976/77 Green Arrow Up.svg
1977/78 2ªB
1978/79 2ªB
1979/80 2ªB 19º Red Arrow Down.svg
1980/81
1981/82
1982/83
Tempada Categoría Posto
1983/84
1984/85 Green Arrow Up.svg
1985/86 2ªB
1986/87 2ªB 13º
1987/88 2ªB
1988/89 2ªB
1989/90 2ªB 13º
1990/91 2ªB
1991/92 2ªB
1992/93 2ªB
1993/94 2ªB Green Arrow Up.svg
1994/95 20º Red Arrow Down.svg
1995/96 2ªB Green Arrow Up.svg
1996/97 15º
1997/98 16º
Tempada Categoría Posto
1998/99 22º Red Arrow Down.svg
1999/00 2ªB
2000/01 2ªB
2001/02 2ªB 11º
2002/03 2ªB
2003/04 2ªB
2004/05 2ªB
2005/06 2ªB 14º
2006/07 2ªB 15º
2007/08 2ªB 17º Red Arrow Down.svg
2008/09
2009/10
2010/11
2011/12 Green Arrow Up.svg
2012/13 2ªB -


[editar] Filiais

O filial do CD Ourense é o Ourense B, tamén chamado Atlético Ourense.

[editar] Xogadores

Categoría principal: Xogadores do CD Ourense.

[editar] Cadro actual

Datos do 29 de febreiro de 2012.
Posto País Xogador
POR Galicia Pablo
POR Flag of Uruguay.svg Pato Guillén
DEF Galicia Adrián Padrón
DEF Galicia Alberto Campillo García
DEF Galicia Josu
DEF Galicia Portela
DEF Galicia Tazos
DEF Galicia Claudio
DEF Cataluña Sergio Martínez
DEF Galicia Ismael
MED Galicia Mouriño
MED Galicia Álex Fernández
MED Galicia Noguerol
MED Galicia Sanginés
MED Gales Crowell
MED Galicia Yebra
DIA Galicia Quintairos
DIA Galicia José Arenas
DIA Flag of Brazil.svg Amilton
DIA Flag of the Basque Country.svg Éder
DIA Galicia Veloso

[editar] Palmarés

[editar] Notas

  1. Ultimando la preparación, La Región,18/8/2010
  2. Historia da Unión Deportiva Orensana, no blog Sena fútbol Marín, decembro de 2009 (en castelán).
  3. "Temporada 1952-53", historia do CD Ourense (en castelán).
  4. "Breve historia", historia do CD Ourense (en castelán).
  5. "El Ourense, nuevo Segunda A", artigo en Mundo Deportivo, 5 de xuño de 1994 (en castelán).
  6. "El Ourense agoniza", artigo en Notas de fútbol, 4 de outubro de 2006 (en castelán).

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Terceira División Española - Grupo 1 · 2011/12
Alondras | Bergantiños | Betanzos | Cerceda | Cultural Areas | Deportivo B | Dorneda | Estradense | Lalín | Negreira | Ordes | Ourense |
As Pontes | Pontevedra | Racing de Ferrol | Racing Vilalbés | Rápido de Bouzas | Somozas | Vilalonga | Xuventú de Sanxenxo
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas