Isidro Silveira Cameselle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Isidro Silveira Cameselle, nado en Lavadores (Vigo) o 24 de xullo de 1943, é un empresario galego, actual presidente do Racing de Ferrol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De novo foi xogador de fútbol. Sendo xuvenil xogou no Oza da Coruña. En 1961 fichou polo Real Club Celta, co que xogou 6 partidos na liga 1961-62 e un na 1963-64. Deixou o fútbol ben novo, en parte polas lesións, e en parte para adicarse aos estudos[1].

Adicouse á construción naval, chegando a ser presidente do clúster galego do naval. Actualmente tamén é propietario de empresas adicadas á construción e aos servizos públicos, como Ferrolxest.

En 1980 presentou a súa candidatura á presidencia do Racing de Ferrol, retirándoa a última hora. En xullo de 1993 pasou a formar parte da xunta directiva do equipo como vicepresidente, sendo Manuel Criado Seselle o presidente. Ao renunciar este en outubro de 1995 por motivos persoais, foi substituído por Isidro Silveira, sendo ratificado no cargo pola asemblea de socios. Mantívose como presidente trala conversión do clube en Sociedade Anónima Deportiva ao ser xunto co concello de Ferrol un dos maiores accionistas.

Malia que o equipo chegou a xogar varias tempadas en segunda división, actualmente xoga en terceira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Isidro Silveira, ficha en Yo jugué en en Celta (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]