Estadi Olímpic Lluís Companys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadi Olímpic Lluís Companys
BCN-EstadiOlimpic-4860.jpg
Datos
Localización Barcelona, España Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración 1929
Arquitecto Pere Domènech i Roura
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105 x 68 m
Capacidade 55.000
Propietario Ajuntament de Barcelona
Eventos

O Estadi Olímpic Lluís Companys é un estadio de fútbol español da cidade de Barcelona. Chamado antigamente Estadio de Montjuïc, recibiu a súa denominación actual en 2001, na honra a Lluís Companys, antigo presidente da Generalitat de Catalunya.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi proxectado polo arquitecto Pere Domènech i Roura e inaugurado en 1929 con motivo da Exposición Internacional daquel ano, na montaña de Montjuïc. En 1957 acolleu a única final da Copa de España de fútbol que enfrontou ao RCD Espanyol e o FC Barcelona, os dous equipos máis importantes da cidade condal.

Na década de 1960 foi infrautilizado e as súas bancadas comezaron a evidenciar preocupantes síntomas de ruína. A celebración dos Xogos Olímpicos de 1992 permitiron a súa remodelación a cargo do equipo de arquitectos Correa-Milà-Margarit-Buixadé e coa participación do italiano Gregotti.

Foi renovado completamente para acoller os Xogos Olímpicos. Foi baleirado e rebaixado o nivel da pista e só se conservaron as fachadas exteriores. Alzáronse novas bancadas cunha capacidade total de 55.000 espectadores.

En 1989 foi reinaugurado con motivo da Copa do Mundo de Atletismo, tres anos antes dos Xogos, e foi testemuña das cerimonias de inauguración e de clausura dos Xogos Olímpicos de 1992.

Na tempada 1991/92 xogou no campo a Unió Esportiva Sant Andreu. En 1997 o Reial Club Deportiu Espanyol pasou a xogar os seus partidos despois de abandonar o estadio de Sarrià. O equipo xogaría en Montjuïc ata 2009, cando foi inaugurado o Estadio Cornellà-El Prat.

En 1998 o Comité de Estadios da UEFA outorgou a categoría cinco estrelas ao Estadio Olímpico Lluís Companys, pola que poden celebrarse competicións de fútbol do máximo nivel continental. Esta instalación está preparada para acoller grandes eventos deportivos, culturais e sociais con capacidade para 55.000 espectadores para actos deportivos e ata 68.000 espectadores para concertos.

Do 26 de xullo ao 1 de agosto de 2010 celebrouse no estadio o 20º Campionato de Europa de atletismo, polo que foi novamente remodelado.

Panorámica do interior do estadio durante a disputa dun partido disputado entre o RCD Espanyol e o Málaga CF en xuño de 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]