Picos de Europa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pico Urriellu, nos Picos de Europa

Os Picos de Europa é unha formación montañosa da Cordilleira Cantábrica, ao norte da Península Ibérica, entre Asturias, León e Cantabria. Está constituída por rocha calcaria carbonífera pregada antes do choque da Península Ibérica coa placa africana. De valor paisaxístico importante, posúe numerosos endemismos. A formación está dentro dos límites do Parque Nacional dos Picos de Europa.

Índice

[editar] Macizos

Nos Picos de Europa distínguense tres macizos montañosos:

[editar] Datos xeográficos

Peña Ventosa na Liébana

Entre o macizo oriental e o central, sitúase a Garganta do Cares Os Picos de Europa atópanse situados no borde setentrional da Península, moi preto das costas de Llanes, en Asturias. Ésta e as outras dúas provincias, Cantabria e León, son as que teñen a competencia administrativa no territorio ocupado por este pequeno núcleo montañoso. As súas dimensións aproximadas son de 40 km de longo (E-O) por 20 km de largo (N-S) cunha superficie duns 502 km2.

Xeograficamente, os Picos de Europa forman parte do Cordal Cantábrico, pero tanto os estudosos da zona como os montañeiros o consideraron dende sempre coma unha unidade independente. Os seus trazos orográficos a diferencian claramente do resto do cordal. Están separados do eixo principal da mesma ata o norte por dous altos outeiros, Panderruedas e o Caben de Remoña. Polo que os seus ríos atravesan ou rodean o conxunto para ir desembocar no mar Cantábrico.

Son precisamente os ríos os que delimitan e dividen aos Picos de Europa en tres macizos que se aliñan paralelamente á costa, entre esta e o Cordal Cantábrico. Estos son o Macizo Ocidental ou Cornión, o Macizo Central ou Los Urrieles e o Macizo Oriental, Andara ou Ándara.

O río Sella constitúe o límite ocidental do Cornión e dos Picos en xeral. Nace en Sajambre e tras recorrer o desfiladero de los Beyos, alcanza Cangas de Onís, onde recolle as augas do Güeña, o cal delimita ao Macizo Occidental polo norte.

O río Cares separa os Macizos Ocidental e Central. Teñen o seu orixen en Valdeón e atravesa literalmente os Picos ata Puente Poncebos, onde recibe ao Duje. Este último ven arrodeando ao Macizo Central dende as altas praderías de Áliva, entre os Macizos Central e Oriental.

Finalmente, o río Deva establece o límite sur do Macizo Oriental e o leste de tódolos Picos. Nace en Fuente Dé, ao sur do Macizo Central], efectúa un largo recorrido cara o leste ao longo de Valdebaró, pasa por Potes e se desvía cara o norte para recorrer o Desfiladero de la Hermida ata Panes. Alí, recolle ao Cares, que ven de Arenas de Cabrales polo límite norte do Macizo Oriental.

A maioría dos cursos fluviais que recorren os Picos de Europa, o fan polo fondo de angostas gorxas. A máis bela entre todas é a do Cares, pola que discorre unha das rutas excursionistas máis populares do Cordal Cantábrico.

En canto o relevo, o Macizo Central é o máis esgrevio e no que se atopan as maiores altitudes. A Torre de Cerredo, ou Torrecerredo, cos seus 2.648 m, é a cume máis alta dos Picos de Europa e de todo o cordal. Neste macizo tamén se atopan outros cumios de importancia, como o coñecido Naranjo de Bulnes (Picu Urriellu), de 2.519 m, ou o Picu Tesorero, de 2.570 m, centro xeográfico dos Picos e punto no que coinciden os límites das tres provincias antes citadas.

O Macizo Ocidental é o segundo en importancia. Aínda que menos elevado co Central (o seu punto culminante é Peña Santa de Castilla, de 2.596 m), é porén máis extenso. En él atópanse os Lagos de Covadonga e o seu medio monte posé grandes atrativos para o excursionismo.

Para rematares, o Macizo Oriental é o máis modesto dos tres. A súa máxima altura atópase no cumio da Morra de Lechugales, de 2.444 m de altitude.


Táboa Resumo dos Cumios dos Picos de Europa
Macizo Occidental Macizo Central Macizo Oriental
Pico Altura
Peña Santa 2.596 m
Torre Santa de Enol 2.486 m
Torre de Enmedio 2.467 m
Aguja José de Prado 2.463 m
Torre de la Horcada 2.455 m
Torre del Torco 2.452 m
Torre de Cebolleda III 2.445 m
Aguja Alpino 2.438 m
Aguja de Juan Menéndez 2.435 m
Aguja Cimadevilla 2.432 m
Aguja Jovellanos 2.430 m
Torre de las Tres Marías I 2.420 m
Torre de Cebolleda II 2.420 m
Torre de las Tres Marías II 2.417 m
Porro del Torco 2.415 m
Torre Bermeja 2.400 m
Torre del Alba 2.393 m
Aguja de Gua 2.386 m
Torre de Cebolleda I 2.380 m
Aguja de Enol 2.362 m
Pico Altura
Torrecerredo 2.648 m
Torre del Llambrión 2.642 m
Torre del Tiro Tirso 2.641 m
Torre sin Nombre 2.638 m
Torre Casiano de Prado 2.622 m
Torre Llastria 2.621 m
Peña Vieja 2.619 m
Torre Blanca 2.617 m
Torre de la Palanca 2.614 m
Torre de Peñalara 2.607 m
Torre Bermeja 2.606 m
Torre del Hoyo Grande 2.602 m
Torre del Tiro Navarro I 2.602 m
Pico de Santa Ana I 2.601 m
Pico de Santa Ana II 2.596 m
Torre del Tiro Navarro II 2.596 m
Torre de las Minas del Carbón 2.595 m
Torre de Coello 2.584 m
Torre del Tiro del Oso 2.576 m
Los Campanarios II 2.572 m
Torre de la Párdida 2.572 m
Pico Tesorero 2.570 m
Los Campanarios I 2.569 m
Los Campanarios III 2.568 m
Torre del Tiro Llago 2.567 m
Risco Saint Saud 2.560 m
Neverón de Urriellu 2.559 m
La Morra 2.554 m
Pico de los Cabrones 2.552 m
Los Campanarios IV 2.543 m
Torre de Labrouche 2.524 m
Pico de Boada 2.523 m
Aguja de la Canalona 2.519 m
Picu Urriellu 2.519 m
Pico Arenizas II 2.515 m
Pico Madejuno 2.513 m
Torre de los Horcados Rojos 2.506 m
Pico Arenizas I 2.504 m
Pico Arenizas III 2.499 m
Aguja de los Cabrones I 2.493 m
Pico Altura
Morra de Lechugales 2.444 m
Silla del Caballo Cimero 2.436 m
Pica del Jierru 2.424 m
Pico Cortés 2.373 m
Pico del grajal de Arriba 2.349 m
Silla del Caballo Cimero 2.339 m
Prao Cortés 2.288 m
La Rasa de la Inagotable 2.284 m
Cuetu La Junciana 2.267 m
Valdomingueru 2.265 m
Torre Santa de Enol, no Macizo Occidental (2.486 m).
Torrecerredo, no Macizo Central (2.648 m).
A piramidal Peña Castil (2.444 m), no Macizo Central.
A Torre de Santa María (2.476 m).

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas