Río Oja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oja
Casalarreina1.JPG
O Oja en Casalarreina.
País España
Rexión n/d
Nacemento Serra da Demanda (A Rioxa)
Altitude n/d
Lonxitude 64,9 km
Caudal medio
Conca 1.270 km²
Desembocadura Río Tirón

O Oja é un curto río do norte de España, un afluente do río Tirón que dá nome á comunidade da Rioxa e á veciña comarca da Rioxa Arabesa, segundo unha das teorías sobre a orixe deste nome. Nace na serra da Demanda, no monte das Herguijuelas, xunto ao porto da Demanda, a uns 2.000 msnm. Pasa por Posadas, Ayabarrena, San Antón, Zaldierna, Ezcaray, Ojacastro, Santurde, Santo Domingo de la Calzada, Villalobar, Baños de Rioja, Castañares, Casalarreina, e desemboca no río Tirón antes de chegar a Anguciana, preto da localidade de Cihuri.

Tamén se lle denomina La Hilera ou río Glera, termo este último que significa acumulación de cascajo. Esta característica da canle fai que este practicamente desapareza en Ojacastro e volva aparecer en Castañares.