Río Huerva
| Huerva - Uerba | |
|
O Huerva en Vistabella |
|
| País | España |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Fuentefrida, serra de Cucalón |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 128 km |
| Caudal medio | 0,84 m3/s |
| Conca | 1.020 km2 |
| Desembocadura | Río Ebro |
O Huerva (Uerba en aragonés) é un río español que ten o seu curso na comunidade autónoma de Aragón. É afluente do río Ebro, ao cal se une pola súa marxe dereita, despois de percorrer 128 km.
Percorrido [editar]
Nace en Fuenfrida, na serra de Cucalón (Sistema Ibérico) na provincia de Teruel. Dirixe o seu curso de S a N, con curso sinuoso. Logo de atravesar as localidades de Vistabella de Huerva, Villanueba de Huerva, Muel, Botorrita, Cuarte de Huerva, Cadret e máis María de Huerva, atravesa a cidade de Zaragoza, na cal rende as súas augas no Ebro.
Explotación industrial [editar]
Aparte do seu aproveitamento para regadío, sobre o Huerva se levantan dous encoros: o de Mezelocha e o de Las Torcas.
Curiosidade lingüística [editar]
Na mesma capital, Zaragoza, é denominado La Huerva, exemplificando a consercación do xénero feminino que teñen moitos ríos en aragonés, noutros idiomas románicos e en latín.