Mequinenza
Mequinenza (en catalán Mequinensa) é un concello da provincia de Zaragoza de aproximadamente 2.533 habitantes (2006). A única localidade do municipio é Mequinenza, que dista 135 km da cidade de Zaragoza. Sitúase na comarca do Bajo Cinca (Baix Cinca en catalán), na Franxa de Aragón.
Índice |
Xeografía [editar]
Ten 307,2 km². Está localizado na confluencia de tres ríos, o Ebro, o Segre e o Cinca, a uns 75 msnm. Como o resto da Franxa de Aragón, historicamente formou parte do Principado de Cataluña.
Xeografía lingüística [editar]
A lingua popular é o catalán, na súa variante noroccidental con riscos distintivos propios da franxa. O escritor Jesús Moncada era natural de aquí e no seu libro Camí de Sirga retratou a antiga e rica vida desta poboación.
Economía [editar]
Os recursos económicos principais son a minería (explotación de lignito), a agricultura de regadío está a se estender desde fai anos (pexegos, cereixas,...) fronte a de secaño (amendoeiras e oliveiras). O turismo (designadamente de alemáns e británicos) aumentou gracias ao río e o encoro, que veñen atraídos pola posibilidade de pescar o famoso "siluro" e, mesmo nalgúns casos, a estabelecer aquí unha segunda residencia.
Historia [editar]
No ano 1957 comezou a construción, por parte da empresa Enher, a presa do encoro de Mequinenza, que levaría a desaparición da antiga vila (sobre a beira do río Ebro). O encoro, cunha capacidade de 1.533 hm3, rematouse no ano 1964, construíndose unha nova poboación nas beiras do río Segre, onde se levanta na actualidade. Este suceso deu lugar a que a metade da poboación marchase para Barcelona, principalmente, ou ben para Zaragoza. Consérvase un castelo medieval que foi trasladado pola devandita empresa Enher.
Festas [editar]
- Festa Maior: Santa Agatoclia (17 de setembro).
- Festas de inverno: San Brais e Santa Águeda, o 3 e o 5 de febreiro, respectivamente.